Skip to Content

Outros Proxectos

OBRADOIRO AUDIOVISUAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

14/11/2019 10:25
14/11/2019 14:15

Por mor da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro) o IES Val do Asma realizará un obradoiro audiovisual en que o alumnado en 3 sesións vai a traballar a Igualdade de xénero. A última sesión empregarase para grabar un vídeo elaborado por eles.

Destinatarios: Alumnado de 3º ESO

Organizan: Departamento de Orientación e o Departamento de Educación Plástica e Visual

CONCURSO DE CABAZAS

14/11/2019 08:45
14/11/2019 14:15

O IES Val do Asma organiza entre o alumnado un concurso de cabazas.

O traballo consistirá en presentar unha cabaza real traballada dentro da temática "Halloween".

As cabazas presentadas poderán ser entregadas dende o luns 4 ao xoves 14 de novembro en Vicedirección.

Coñecerase o gañador ou gañadora o día 15 de novembro.

Pódense consultar as bases do concurso aquí.

CONCURSO DE EMPRENDEMENTO GALLETAS DA VEIGA

A empresa Galletas Daveiga organiza un concurso de emprendemento dirixido aos alumnos/as de Ciclos Formativos e 1º e 2º de Bacharelato e ten como obxecto o fomento da economia social, a innovación e o desenvolvemento sustentable la Galicia Rural.


Con motivo deste concurso realizaranse un seminario no centro que terá lugar o próximo 16 de outubro de 12:00h a 14:00h á que asistirán os alumnos de 1º, 2º de BAC e Ciclos Superiores e Medio.

 

Pódense consultar as bases do concurso aquí.

PROXECTO PEDRA E COR NA RIBEIRA SACRA

Alumnado e profesorado de 3º ESO realizou durante este curso escolar un proxecto ABP (Aprendizaxe baseado en proxectos) en torno á Igrexa de Nogueira. Podedes ver o proxecto final elaborado premendo na seguinte imaxe:

 

CENTRO DE INTERPRETACIÓN CASTRODEZA

21/06/2019 09:20
21/06/2019 14:15

Alumnado de ESO realizará unha saída para visitar o Centro de interpretación Castrodeza e o Pazo de Liñares.
Lugar: Lalín
Grupo: 1º e 2º ESO.
Organiza: Departamento de Historia.

Preme na imaxe para ver máis fotografías da visita.

 

TRABALLANDO POR PROXECTOS - ANDAINA

17/06/2019

Alumnado e profesorado de 3º ESO participarán nunha andaina, entre Nogueira e o Mosteiro de Oseira, relacionada coa actividade Traballando por proxectos que se está a desenvolver durante o curso 18-19 no IES Val do Asma.

Preme na imaxe para ver máis fotografías da actividade.

RECEPCIÓN FUTURO ALUMNADO ESO

07/06/2019 10:30
07/06/2019 11:15

O alumnado de CEIP Xosé Luis Taboada, centro adscrito do concello de Carballedo, visitará o IES Val do Asma onde o vindeiro curso empezará a súa etapa no ensino secundario.

Lugar: IES Val do Asma

Destinatarios: Alumnado de 6º de primaria do CEIP

Organiza: Departamento de Orientación

PREMIO FOLIÓN CARROS 2019

O cartel elaborado pola alumna de 2º de ESO do IES Val do Asma, Nerea Rodríquez Lage, resultou gañador do concurso organizado polos Amigos do Folión de Carros de Chantada. Este cartel será o que anunciará o Folión de Carros 2019.
Noraboa a Nerea e a profesora de plástica, Lola López!!!

PRESENTACIÓN CARTEL GAÑADOR FOLIÓN CARROS 2019

04/06/2019 11:00
04/06/2019 13:00

Alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO que participaron co Concurso de Carteis Folión de Carros 2019 acuden á presentación do cartel gañador.

Lugar: Casa da Cultura de Chantada.

Organiza: Asociación Amigos do Folión de Carros e  Departamento de Plástica.

Preme na imaxe para ver máis fotografías do evento.

 

TRASTORNOS DA CONDUTA ALIMENTARIA

11/06/2019 10:25
11/06/2019 11:15

A Asociación CIOR GALICIA, de Monforte de Lemos, desenvolverá unha charla para a prevención dos trastornos de conduta alimentaria.
Lugar: IES Val do Asma.
Grupo: 3º ESO.
Organiza: Departamento de Orientación.

Distribuir contido


by Dr. Radut