News, Soft & Tools

Reproductor Multimedia: KMPlayer

KMPlayer é un dos mellores reproductores multimedia neste intre. Dispón de capacidade de procesar arquivos MKV (Matroska) en formato WEBM, soporte para videos en formato 3D, reproducción de arquivos H.264 de 10-bit, soporte para Intel Widi, etc.

Free Video Downoader: Descarga de videos da web

Free Video Downloader é un programa que permite descargar videos de mutitudes de sitios web, como por exemplo Youtube, Megavideo, Metacafe. MTV. Este programa gratuito permite ademáis descargar audio sen perda de calidade de videos de Youtube, Facebook, MTV, etc.

Podes baixar o programa dende a súa web premendo na imaxe inferior.

XnView: Ver, organizar e convertir ficheiros gráficos

Xnview e un capturador e visualizador de imaxes moi completo e áxil cunha cantidade moi grande de ferramentas complementarias. Soporta máis de 400 extensións distintas de imaxes (incluindo EXIF).É gratuito, podelo atopar en castelá e é moi fácil e cómodo de usar.

Podelo baixar premendo na imaxe inferior.


Fondos de escritorios orixinais

Pack de 25 fondos de escritorio en formato JPG de tamaño 1152x864. Os fondos están baixo licenza Creative Commons de Recoñecemento, non comercial, sen obras derivadas, esto quere dicir que os podedes usar libremente e redistribuilos sempre e cando citedes ao autor. Non se pode realizar ningunha obra derivada deles. Non se poden ulitizar cons fins lucrativos e/ou comerciais.


These wallpapers are under Creative Commons deed of Attribution, Noncomercial, Without derivates, this means you can use and distribute them freely always you say they where done by ggarfield. What you can not do is do any derivate work or earn money with my work (or a derivate).

Preme na imaxe para baixar os fondos.

16.7 MB | 25 JPGs | 1152x864|Autor:ggarfield

Microsoft Mathematics

Microsoft Mathematics é un conxunto de ferramentas matemáticas que axudan ao alumnado a resolver ecuacións paso a paso e conquerir unha mellor comprensión dos conceptos de álxebra, xeometria e cálculo.

Dispón ademáis dunha calculadora gráfica con todas as funcións dunha calculadora científica. Realiza conversión de unidades, resolve sistemas de ecuacións de maneira gráfica, etc.

Esta ferramenta é totalmente gratuita, ten versións de 32 e 64 bits e ademáis funciona con Windows XP, Vista e 7.

Preme na imaxe inferior para acceder a web de descarga do programa.

GIMP: Tratamento profesional de imaxes

GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa de libre creación de tratamento de imaxes. Aínda que inicialmente só se fixeron versións para UNIX, na actualidade é totalmente estable na plataforma Windows, Mac e obviamente nas distribucións de Linux, as cales xa o soen traer por defecto como programa de creación, tratamento e procesamento de imaxes.

Ten unha potencia equiparable a programas profesionais de precio alto como o Photoshop ou o Paint Shop Pro. Ao ser absolutamente gratuito (pois esta incluído dentro do software GNU) é moi axeitado para implementar nun centro educativo de maneira que tanto o alumnado como o profesorado o poidan utilizar na realización de traballos, proxectos, etc.

O programa ten un conxunto de ferramentas de debuxo, coloreado, e moitas máis que ofrecen un resultados de gran calidade. Soporta ademáis capas e canais, incluindo capacidades avanzadas de script. Permite tamén cargar e gravar animacións, rotar imaxes, recortar, aplicar multitude de efectos por medio de filtros, etc.

Os formatos gráficos cos que traballa GIMP son entre outros BMP, GIF, JPG, PCX, PNG, PS, TIF, TGA, XPM. Dispón dunha multitude de plugins para ser instalados.
 
Podes baixar o programa premendo na imaxe inferior.
GIMP 2.6 Release
Windows 7/XP/Vista|15.03 MB| Castelá
 
Para afondar nos coñecementos deste programa podes acceder as seguintes ligazóns:
Distribuir contido