Fondos

ACTUALIZACIÓN DO FONDO BIBLIOGRÁFICO DA BIBLIOTECA (25-06-2010)

Premendo no enlace que se atopa debaixo podes baixar en formato PDF un arquivo no cal se atopan ordeados por alfabetización de títulos todo o fondo bibliográfico do IES Valadares, actualizado a data do 09-11-2010.

FONDO BIBLIOGRÁFICO DO IES VALADARES

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS. IES VALADARES CURSO 2017-18

O CLUB DE LECTURA COMEZA A SÚA ANDADURA. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR. O ENCONTRO LITERARIO CON MONTSE FAJARDO TERÁ LUGAR O VINDEIRO 4 DE DECEMBRO ÁS 18,15 H. NA NOSA BIBLIOTECA. A LECTURA ESCOLLIDA "UN CESTO DE MAZÁS"PODÉDELA ADQUIRIR NA NOSA CONSERXERÍA (13€)

puerta abierta

Últimas adquisicións da Biblioteca (Xuño 2010)

Algunhas das últimas adquisicións para a Biblioteca do Instituto son as seguintes:

"1325 mujeres tejiendo la paz".Barcelona. Icaria- Fundación Cultura de Paz, 2009

Este libro quere difundir a resolución 1325 sobre o papel das mulleres na construcción da paz, que foi aprobada no ano 2000 polo Consello de Seguridade das Nacións Unidas. Faíno a partir de historias de mulleres que traballaron e traballan pola paz. O libro é un alegato pola vida, pola utopía e por crear un mundo máis pacífico que mobilice e impulse a acción.

Rexistro: 6177

Signatura: 396.9/155


"Veu visitarme o mar". Rosa Aneiros. Vigo. Xerais 2008.

A última novela da escritora que recera os acontecementos do Prestige enlazándoos cos do Mar Exeo. Alba, a protegonista, sente que as súas forzas morren entre as botellas de alcol que guinda a un contenedor, e mentres unha marea negra empeza a camiñar, a grandes alancadas, pola superficie do mar. Entón, ela ten que se afrontar a cadea de lembranzas e remorsos que a acompañan, con monstros e silencios, dende a súa chegada a Lira unha década antes.

 

Rexistro: 6165.

Signatura: 869.9-3/1754

"Textos e Documentos para a Historia Contemporánea de Galicia". Meixome Quinteiro, Carlos. Vigo. Edicións do Cumio. 1999.
 
Obra utilísima para o estudo da recente historia galega. O autor, dun xeito totalmente obxectivo e sistemático, recopila os feitos sobesaíntes do século XX en seis grandes xeiras: O grande éxodo (1900-1931), a ilusión republicana (1931-1936), a longa noite de pedra (1936-1959), o éxodo europeo (1959-1975), a Transición (1975-1981) e a autonomía (1981-1999). 


Rexistro: 4727


Signatura: 93/319

 

"Chocolate amargo". Pressler Mirjam. Madrid. Anaya 2008.

Esta novela obtivo multitude de recoñecementos en Alemaña -país de nacemento da autora-, e en toda Europa. O amor de Eva atopa o obstáculo dos "seus kilos de máis", pero iso a Michel parece non importarlle. En dúas semanas inesquecibles, ela aprenderá a aceptarse como é a comprender que a súa soidade non é causada polo seu físico. Novela sobre os medos e fustracións na adolescencia e a súa superación

Rexistro: 6166

Signatura: 860-3/1654

 

"Los amores lunáticos". Lorenzo Silva. Anaya 2008.

Novela de amores adolescentes e ensaio dos problemas dunha xeración, así é a obra do premiado Lorenzo Silva. O protagonista, Pablo, as noites que non consegue comprender nada, que son as máis, súbese ao tellado do seu bloque a pensar. E ten moito no que pensar e resolver xa que esta namorado de dúas mulleres ao mesmo tempo, él, que pensaba que o romanticismo era cousa de rapazas. Entre unha e outra muller aprenderá da dureza e o agarimo do amor.

Rexistro: 6167

Signatura: 860-3/1655

 

"Volcanoes & Earthquakes" Susanna Van Rose. Dorling Kindersley, 2008.

Este libro é unha excelente guia visual sobre o inestable que é o noso planeta. Amosa a forza terrorífica dos volcáns coas súas emisións de lava e tamén a devastación provocado polos terremetos na superficie terrestre. 

Rexistros: 6178

Signaturas: 55/224

 

Últimas aquisicións da Biblioteca (Abril 2010)

Algunhas das últimas adquisicións para a Biblioteca do Instituto son as seguintes:

"Historia de la Música".Madrid, Turner. 12 tomos.

Versión española dunha obra clásica italiana para entender a evolución musical da humanidade. Dividida en periodos históricos, abordanse as principais correntes musicais, cun análise en profundidade dos compositores fundamentais. 

Rexistros: 6123 a 6164

Signaturas: 78/355 a 78/366

 


"Donde aprenden a volar las gaviotas". Ana Aldecoa. Madrid, Anaya, 2009.

Novela amena e conmovedora sobre a Segunda Guerra Mundial en Noruega e a súa influencia e recordo na actualidade. Erik, coa axuda dun amigo español, trata de averiguar o pasado oscuro da súa avoa, que é o pasado de todo un país e das vidas anónimas dun pobo en resistencia ante a opresión. Pero a mor vence á política e a guerra...

Podes atopar varios exemplares na biblioteca.

 

"Historia de la literatura española. 6. Modernidad y nacionalismo (1900-1939". Madrid, Crítica,2010.

Primer volume dunha novedosa Historia da literatura española, na que, ademáis de obras e autores, falase da evolución das ideas literarias e do ambiente cultural dun periodo.


Rexistro: 6138


Signatura: 860-3/1648

 

Últimas adquisicións da Biblioteca (Marzo 2010)

Algunhas das últimas adquisicións para a Biblioteca do Instituto son as seguintes:

"A clase".François Bégaudeau. Xerais 2008.

Trátase dunha novela crónica da labor dun profesor cos seus alumnos nunha bisbarra multicultural parisina. Póñense diante nós todas as tensións entre profesores e alumnos, que en certa maneira traducen o conflito entre ricos e pobres, entre aqueles que posúen o saber e aqueles que non o teñen.

Rexistro: 6084

Signatura: 869.9-3/1732

 


"Amuleto". Roberto Bolaño. Anagrama 2009.

Breve novela dun dos fundadores do "infrarrealismo", cuxo interese dirísexe ao movemento das cousas, non o seu desenvolvemento; o acontecer adquire un sentido confuso, sen metas, que tende a esgotarse en si mesmo. A protagonista, Auxilio Lacouture, narra un crime atroz e lonxano mentres o exército toma a Universidade Autónoma de México en Setembro de 1968. O chileño Bolaño (1953-2003) é hoxe un dos autores hispanoaméricamos máis valorados pola crítica.

Rexistro: 6071.

Signatura: 860-2/1625.

"El diario de Ana Frank". Frances Goodrich, Albert Hackett. Algar 2009.

Adaptación teatral feita no ano 1955 do famoso diario escrito por Ana Frank na 2ª Guerra Mundial. Esta versión percorreu todos os escenarios e deu lugar a adaptación cinematográficas dende a bufarda de Amsterdam na cal se orixinou esta terrible historia.


Rexistro: 6090


Signatura: 860-2/1625

"Aurora boreal". Asa Larsson. Seix Barral 2009.

Intrigante novela negra, na que a protagonista, Rebeca Martisson, é unha avogada que traballa para un importante bufete. É luns e a xornada trancorre sen sobresaltos no seu despacho do centro de Estocolmo cando na radio anuncian un crime cometido no pequeno pobo de Kiruna, preto do Polo Norte. Victor Strandgard, lider dunha congregación local, aparece mutilado nunha igrexa e a policia sospeita da súa irma Sanna, amiga da infancia de Martisson. Esta non o pensa un intre e vai ao seu pobo natal para descubrir ao culpable.

Rexistro: 6072

Signatura: 860-3/1620

"El profeta de los números". Elsa Schöner. Via Magna 2008.

Interesante mestura de novela histórica e de suspense, na que o protagonista, Adrian Piscator, espera sair da miseria grazas ás Matemáticas. O argumento localizase en Nuremberg en 1940, donde aparece unha estrana mestura entre álxebra e......o Apocalise.

Rexistro: 5987

Signatura: 860-3/1564

 

"La isla del tesoro" R.L. Stevenson. Destino 2009.

Adaptación xuvenil, con ilustracións a cor, do clásico de aventuras por excelencia. Gerónimo Stilton é un roedor que ten escrito moitos libros e colecciona queixo parmesano do Renacemento. Agora, decídese por unha historia de piratas, embarcándose nunha goleta cara o perigo.

Rexistros: 6086-6087

Signaturas: 860-3/1621-1622

 

"Locos por las matemáticas" Ian Stewart- Crítica 2007.

Libro de divulgacion que presenta as matemáticas como un inmenso universo no cal se poden levar a cabo apaixoantes aventuras intelectuais e practicar xogos divertidos.

Rexistro: 5936

Signatura: 51/197

Distribuir contido