Orientación

PROFESORADO DO DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN

O profesorado do Departamento para o presente curso académico esta formado por:
  • Mª Teresa Antón Bernárdez (Xef. departamento).
  • Ana Mª Da Vila Alonso(P.T.)
  • María Rodríguez Saíz (PT)
  • Andrea Doural Sánchez (PT)

Páxinas de información á xuventude

Premendo nas imaxes inferiores poderás acceder a páxinas de información para a xuventude. Nas mesmas atoparás Bolsas, Axudas, Premios, Concursos, Emprego, Formación etc.

Xuventudevigo.org

A publicidade: un enfoque crítico

"La publicidad: un análisis crítico" é un recurso multimedia que pon de manifesto o papel fundamental que xoga a publicidade na nosa sociedade. A aplicación fai un percorrido polas estratexias de comunicación máis usuais mediante xogos, anuncios publicitarios e outras actividades.

Dentro do apartado "en el aula" se se quere acceder a parte correspondente para o profesor na que se inclúen obxectivos, metodoloxía e actividades e necesario introducir unha password que é cnice.

Este recurso é moi axeitado para incorporar como contido transversal en diferentes materias, ou ben tratalo na clase de titoria pois constitúe unha parte moi importante da "Educación do consumidor".

Para acceder ao recurso preme na imaxe inferior.

Entrevista de Eduardo Punset a Roger Schank

No seguinte video podedes ollar a entrevista que Eduardo Punset realizou a Roger Schank (especialista en ciencias do aprendizaxe), nal cal este crítico do sistema educativo actual que- non trata de suavizar as súas verbas para que sexan politicamente corectas- defende unha ensinanza por medio do "aprender facendo".


Eduardo Punset empeza a conversa co seguinte proverbio chinés:


"Dime algo y lo olvidaré, enseñame algo y lo recordaré, pero hazme partícipe de algo y lo aprenderé"

 

No video tamén se fai referencia a John Dewey, outro defensor da experiencia como modo de aprendizaxe.


Para ver este video de aproximadamente 8 minutos de duración preme abaixo.

Educación sexual

Nesta páxina amósase un material curricular especialmente orientado ao primeiro ciclo da ESO no cal trata distintos aspectos relacionados coa educación sexual.

Explicanse os cambios do corpo na adolescencia, métodos anticonceptivos,f alsos mitos etc. Dispón de enlaces e recursos imprimibles de utilidade na aula para tratar este tema.

Para acceder a este recurso preme aquí ou na imaxe inferior.

Distribuir contido