Matemáticas

VALGETAL

“Val” quere dicir en neerlandés caída e “getal” significa número, e efectivamente xogas en Valgetal con números que caen, lembrando un pouco ó Tetris. É un desafiante xogo educativo no cal tes que facer rápidos cálculos con sumas, restas, multiplicacións e divisións. Esta é unha versión libre que se pode copiar e darlla o outros usuarios sempre e cando se faga sen fin comercial.

No intre de instalar o programa este o fará en Inglés, pero indo a opción “Language” do menu principal podes seleccionar o español. As instruccións do xogo podes ollalas no menú “Info” en “Instruccións del juego”.

Para baixalo e entreterte un bo anaco con este xogo de axilidade mental, preme na imaxe que se atopa máis abaixo.



ZUME DE NEURONAS

Esta páxina foi evolucionando co tempo de maneira que hoxe podemos atopar diferentes recursos moi aproveitables en diferentes áreas curriculares.

Ten diferentes seccións como Puzzles e Xogos de lóxica e inxenio, Crebacabezas e puzzles, Ilusións ópticas, Figuras imposibles, etc.

Merece a pena botarlle un vistazo. http://www.juegosdelogica.com/

 

LOS CRIMENES DE OXFORD

Excelente libro de Guillermo Martinez, altamente recomendado en calqueira periodo vacacional.

Un estudiante arxentino e un famoso profesor investigan unha serie de crimes acaecidos en Oxford. A característica dos crimes e a sua levedade e imperceptibilidade.

A orixinal historia que nos propón Martínez discurre entre interesantes debates en torno a Wittgenstein e Gödel, a vida dos enfermos en fase terminal nos hospitais e incluso un romance... Tamén aparece no desenrolo da historia a demostración do último teorema de Fermat por Andrew Wiles en Cambridge.

A novela foi moi ben acollida pola crítica e gañou importantes premios.

O autor fixo o seu doctorado en Ciencias Matemáticas na especialidade de Lóxica. Outros libros tamén publicados de dito autor son Acerca de Roderer (Plaza&Janés) e Borges y las Matemáticas (Eudeba).

Segundo palabras do propio Martínez: ”Trabajé mucho y por una vez me divertí. Espero que ustedes se diviertan y no tengan que trabajar tanto para leer el libro”.

 

 

AS PROPORCIÓNS DA BELEZA

         Interesante video no cal se amosa a beleza estudiada dende un punto de vista científico, e non comercial. Veremos como as proporcións son moi importantes no estabrecemento dun canon de beleza e ademáis como no mesmo influe o número aureo. 

PORTAL DE MATEMÁTICAS

No portal http://www.sectormatematica.cl  terás a oportunidade  de aprender a mirar as matemáticas con outros ollos. Ofrece unha gran multitude de recursos, ferramentas, orientacións e xogos que favorecen a aprendizaxe matemática dende o nivel máis basico ata o máis avanzado.

Para acceder ó mesmo preme na imaxe que se atopa debaixo.

Web do Departamento de Matemáticas

 

Preme no link seguinte se queres acceder a páxina Web do Departamento

Distribuir contido