Matemáticas

CONCURSOS LITERARIOS RSME-ANAYA

A Real Sociedade Matemática Española (RSME) en colaboración coa editorial Anaya convoca unha nova edición do concurso de narracións escolares e do concurso de relatos cortos. O obxectivo destes concursos e fomentar o interese pola ciencia, a súa historia e os seus protagonistas nos xovenes que teñan entre 12 e 18 anos na data do 31 de Decembro de 2008.

O concurso de narracións escolares consiste na presentación dun relato de ficción baseado nun resultado matemático, un persoeiro relacionado con esa ciencia ou unha situación na cal emerxa a matemática. Trataríase de amosar algunha das anteriores cuestións por medio da mirada crítica e imaxinativa do autor da narración. Para máis información das bases do concurso preme aquí.

O concurso de relatos cortos ten por obxecto como o seu nome indica a presentación dun relato corto, de tema libre, relacionado coas matemáticas. O relato debe ser orixinal e inédito, nin ter sido premiado nalgún outro concurso, e ademáis non poderá ser presentado a outro concurso mentres este permaneza aberto. Para máis información preme aquí.

KALIPEDIA: ENCICLOPEDIA ON-LINE

Kalipedia é unha enciclopedia on-line do grupo editorial Santillana que ten como obxectivo por a disposición da comunidade educativa unha web de axuda o estudio e a ensinanza, cun acceso libre e gratuito.

Dispón de infinidade de contidos de áreas como xeografía, lingua castelá, ciencias, literatura, física e quimica, matemáticas, informática, etc. Podes dende visualizar obras de Velazquez a escoitar os discursos de persoeiros importantes da historia.

Ademáis ofrece a posibilidade de interactuar a través dun intercambiador, unha comunidade para profesores e estudiantes na cal o internauta pode personalizar, ampliar, compartir, valorar, publicar e comunicarse con outras persoas: blogs, foros, concursos, tests de autoavaliación etc.


Para acceder á mesma preme na imaxe que se atopa debaixo.

 

 

AS TORRES DE HANOI

As torres de Hanoi é un xogo oriental moi antigo. Para xogalo hai que poñer tres paus verticais, nun dos cales ensartanse varios discos (a cantidade que se prefira) de diferentes tamaños e cun burato no  centro. Ao empezar o xogo atópanse colocados de maior a menor na columna elixida.

O Obxectivo consiste en pasar todos os discos a outra columna e colocalos como estaban -de maior a menor- pero seguindo as seguintes regras:

  • Só se pode mover un disco de cada vez.
  • Podense usar as tres columnas para ir colocando os discos.
  • Non se permites que un disco máis grande quede por enriba dun máis pequeno.

Se queres coñecer máis da lenda deste xogo preme aquí .

Como consello, intenta facer o traslado dos discos no menor número de movementos. Intenta atopar carlé a regra matemática que relaciona o número de discos co número mínimo de movementos que hai que facer.

Podes xogar as torres de Hanoi co xogo en flash que se atopa debaixo.Tamén podes obter unha versión freeware comprimida en formato zip deste programa para instalar no teu ordenador aquí.

DICCIONARIO ONLINE DE XEOMETRÍA

Nesta web podes atopar un diccionario online de palabras e conceptos xeométricos, tal e como o define o autor do mesmo, Waldo Esteban Montecinos Pérez.

 O diccionario presenta unha multitude de conceptos moi interesantes para o alumnado de ESO cunha gran claridade na definición dos mesmos e incorporando incluso gráficos que axudan a comprensión de ditos conceptos.

Para acceder ao mesmo preme na imaxe inferior.

 

 

MATEMÁTICA...¿ESTÁS AHÍ? 1 E 2 .- ADRIÁN PAENZA

"Matemática....¿estás ahi?" é unha serie de dous libros do periodista, matemático e divulgador científico Adrian Paenza. Estos libros imprescindible de matemáticas son un auténtico tesouro que a medida que vamos lendo inundannos de preguntas e enigmas, de numeros que de tan grandes son infinitos (e distintos infinitos), de familias de primos, do abismo da división por cero, dos secredos das apostas e as probabilidades

Podes obter os libros de Paenza en formato PDF -para un uso non-comercial- premendo na imaxe de cada un deles que se atopa debaixo.

   

Los crímenes del número primo/ Reyes Calderón

RBA Libros , dentro da sua colección Avenue, publica "Los crímenes del número primo", de Reyes Calderón. Unha novela que podemos clasificar dentro do xénero conspiratorio relixioso.

O relato conta cómo un abade e o arzebispo de Pamplona aparecen mortos en nunha ermida recóndita a uns kilómetros da cidade xunto a un relicario e unha gran de cantidade de diñeiro. Aos dous lles falta un dedo e teñen as roupas rachadas. A  xuiz MacHor e o inspector Iturri empezan a investigar no mosteiro de Leyre este complicado caso que segundo parece empeza con roubo do relicario, dunhas hostias consagradas (o corpo de Cristo) e a desaparición non informada do abade. Todo isto parece indicar que o asasino está retando a policía cun xogo tetrico que resposta a algún tipo de regra matemática…

Los crímenes del número primo. Reyes Calderón RBA 2008.
Distribuir contido