Matemáticas

Microsoft Mathematics

Microsoft Mathematics é un conxunto de ferramentas matemáticas que axudan ao alumnado a resolver ecuacións paso a paso e conquerir unha mellor comprensión dos conceptos de álxebra, xeometria e cálculo.

Dispón ademáis dunha calculadora gráfica con todas as funcións dunha calculadora científica. Realiza conversión de unidades, resolve sistemas de ecuacións de maneira gráfica, etc.

Esta ferramenta é totalmente gratuita, ten versións de 32 e 64 bits e ademáis funciona con Windows XP, Vista e 7.

Preme na imaxe inferior para acceder a web de descarga do programa.

Video: "Las simetrias del universo"

No seguinte video do programa Redes, Eduard Punset entrevista ao matemático, escritor e presentador inglés Marcus du Satoy acerca dos misterios dos números co obxecto de descubrir a beleza e a máxica que hai nos números.

Como dí Marcus de Savoy "As matemáticas axudannos a descubrir a lóxica que subxace ao mundo tan complexo e caótico no que vivimos"

Video: "Así aprendimos a contar"

Cuestións como ¿Cándo o ser humano empezou a contar?, ¿Temos instinto matemático? son as que se pretende dar resposta neste video do programa Redes de TVE. O historiador Joe Dauben da Universidade de Nova Iork explica a Eduard Punset os momentos claves do densenvolvemento matemático.

 

Como dixo W.S.Anglin "As matemáticas son unha viaxe a un terreo salvaxe e estraño no cal os exploradores perdense a miúdo". Xa dende o comezo desta viaxe as matemáticas tiveron unha relacion estreita coa vida en comunidade, pois naceron de necesidades prácticas como a medida de leiras, a observación dos astros, o reconto de obxectos, etc.

 

Podes ver o video premendo na imaxe inferior.

Xogos de estratexia e inxenio

Esta páxina web contén unha colección de xogos de estratexia e inxenio interativos para xogar contra o ordenador ou contra outro contrincante co obxectivo de atopar a estratexia gañadora.

Resolver un xogo supón unha actividade de investigación -experimentación, deseño dun plan, posta en acción, hipótese, etc-, que permite axudar a mellorar as capacidades mentais do alumnado .A actividade esta deseñada para desenrolar na aula de Secundaria na asignatura de Matemáticas.

Para acceder á mesma preme na imaxe inferior.

 

APRENDE MATEMÁTICAS CO PROXECTO ED@D

Co proxecto ed@d (ensinanza dixital a distancia) o Ministerio de Educación presenta na area de Matemáticas un novo modelo de libro interativo para cada un dos 4 cursos da ESO que permite ao alumnado aproveitar as vantaxes das Tecnoloxias da Información e a Comunicación (TIC) para mellorar o seu aprendizaxe autónomo (aprender a aprender) ao mesmo tempo que constitúe unha ferramenta de reforzo educativo.

Para acceder ao mesmo preme na imaxe inferior no curso que che interese.

 

 Matemáticas para a ESO
 Preme no curso que che interese.

Webs interactivas de Matemáticas

As Matemáticas son unha área de coñecemento no que con frecuencia manéxanse conceptos abstractos e de certa complexidade para o alumnado. Para facilitar a compresión de ditos conceptos por medio de exemplos e figuras podes axudarte de esta aplicación que levou o 3º Premio de Materiais curriculares do Ministerio de Educación no ano 2007.

As páxinas -que inclúen Webquest- están especialmente orientadas para o ensino e aprendizaxe da Xeometría e o Análise de funcións matemáticas.

Para acceder a este recurso educativo preme aquí ou en calqueira das imaxes deste contido.

Distribuir contido