Skip to Content

Impresos

DECLARACIÓN RESPONSABLE - COVID 19

Impreso da DECLARACIÓN RESPONSABLE - COVID 19 que ten que cubrir o personal docente que teña sintomatoloxía compatible co COVID-19 ou conviva con algunha persoa que padeza COVID-19 segundo os apartados 2.A.1 e 2.A.3 da Actualización do Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/21 (4-11-2020)

"2.A.1. Ante a aparición de sintomatoloxía compatible coa Covid (polo menos unha das relacionadas no anexo I) no persoal non docente e profesorado, non acudirán ao centro educativo e inmediatamente darán coñecemento ao equipo Covid. Como criterio xeral, manterase en illamento preventivo domiciliario, poñéndose en contacto co seu centro de saúde ou de ser o caso cos facultativos da mutua. Serán estes facultativos os que valorarán a sintomatoloxía e prescribirán a realización dun test diagnóstico ou proba PCR en 24 horas, se así o consideran manténdose o illamento ata coñecer o resultado da proba.

2.A.3 [...] Se algunha persoa do núcleo familiar convive cunha persoa cun diagnóstico positivo da Covid-19, o alumnado ou o persoal do centro que convivan coa persoa positiva non poderán acudir ao centro, en virtude de ser considerados contactos estreitos.
Os conviventes dunha persoa con síntomas compatibles coa Covid (alumno/a ou profesional) que se encontre á espera do resultado, evitarán as interaccións sociais que sexan prescindibles ata que se confirme o resultado, pero non será necesario que garden corentena no domicilio, podendo acudir tanto á escola como ao seu posto de traballo."

 

Modelos para as saídas complementarias e extraescolares

 

 ENTREGAR SEMPRE ANTES DUNHA ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA EN XEFATURA DE ESTUDOS

  • Modelo autorización FAMILIAS para Xefatura Estudos e Inspección PDF
  • Modelo INFORMATIVO para Xefatura Estudos PDF 

Plantillas para os Encabezados de documentos

(ACTUALIZADO MAIO-2022)

Os encabezados estan feitos como "Plantillas" do procesador de textos Mirosoft Office Word (*.dot). Picando na imaxe, temos o encabezado como arquivo de imaxe (*.png) en alta calidade. Picando no pé de foto, descargamos a Plantilla para o seu emprego en Word.

 

DIN A4 Cor

 

DIN A4 Branco e Negro

 

DIN A4 + FSE Cor

 

DIN A4 + FSE Branco e Negro

 
 

Sobres 21x11cm

Solapa Sobres 21x11cm

 

Permisos profesorado

Impresos de solicitude dos permisos e licenzas do persoal docente

Orde do 29 de xaneiro de 2016 (DOG 15 de febreiro)

ANEXO II:

 

Solicitude de permiso para asistir a actividades de formación organizadas polas universidades, 
organizacións sindicais, asociacións profesionais ou similares

 

ANEXO IV:

 PERMISOS:

- Realización de funcións sindicais (artigo 5)
- Lactación (artigo 7)
- Nacemento fillos prematuros ou precisen hospitalización despois do parto (artigo 8)
- Matrimonio ou unión de feito (artigo 11)
- Accidentes ou enfermidades moi graves (artigo 13)
- Acompañamento as revisións médicas (cando o permiso teña certa periodicidade) (artigo 14.6a)
- Para a formación militar dos reservistas voluntarios ou dos aspirantes a tal condición (art. 16)
- Parto (artigo 17)
- Adopción ou acollemento (artigo 18)
- Do outro proxenitor por nacemento, acollemento ou adopción (artigo 19)

LICENZAS:

- Asuntos propios (artigo 23)
- Enfermidade (artigo 24)
- Estudos (artigo 26)
- Para a participación en proxectos de cooperación e humanitarios (art.27)
- Para supostos de hospitalización prolongada (art. 28)

REDUCIÓNS DE XORNADA:

- Coidado dun familiar (artigo 30.1)
- Para atender o coidado do fillo menor que padeza calquera enfermidade grave (art. 30.2)
- Violencia de xénero (artigo 31)

 

ANEXO V:

 PERMISOS:

- Falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar (artigo 3)
- Traslado de domicilio (artigo 4)
- Concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude (artigo 6)
- Realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto (artigo 9)
- Tratamentos de fecundación asistida (artigo 10)
- Por matrimonio de familiares de ata 2º grao de consanguinidade e 1º de afinidade (art. 12)
- Deberes inescusables de carácter público ou persoal, deberes relacionados coa conciliación
da vida familiar e laboral e mais de asistencia a consultas e revisións médicas (artigo 14)
- Asuntos particulares (ata 4 días) (artigo 15)

AUSENCIAS IMPREVISTAS:

Imprevistos (ata 24 horas) (artigo 33)

              

Distribuir contido


by Dr. Radut