Skip to Content

Actividades no centro

CURSO 2015-16

 FIN DE CURSO 2016

 

O mércores 22 de xuño, último día de clase, a primeiras horas da mañá, preparouse no Instituto a gravación dun lipdub. Máis tarde, démoslle remate final a este curso académico cun Festival no Centro Cívico de Malpica, cunha especial despedida ao alumnado de 4º ESO que deixa o centro.

Coreografías, teatro, humor, ..., flores, agradecementos, risas, apertas, algunha que outra bágoa; pero sobre todo:

Alegría ante as vacacións que comezan e ...

 Ilusión polas novas experiencias que esperan no camiño!

 FELICES VACACIÓNS !!!!

 

 

Fondos para o fomento do uso do galego no centro. Resolución Definitiva (6-2016)

Memoria de Actividades desenvolvidas no centro en relación con estes fondos

 

 

"Roteiro de Pelusa" 2016

Vídeo-Presentación da saída

O 31 de maio, o alumnado de 1º ESO, dirixido por profesorado de LL. Galega, C.Naturais e D.Orientación, camiñaron ata a capela de San Adrián, seguindo as "Aventuras de Pelusa" do malpicán Xelucho Abella.

 

LETRAS GALEGAS 2016

Este ano, a persoa homenaxeada é o escritor que da nome á nosa biblioteca:

MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO

(Outeiro de Rei, 1929 - A Coruña, 2004)

 

Enlaces de interese que foron chegando ou seleccionados por nós

para preparar esta festividade:

"Todo me fala de ti" . FalaRedes 2016      Casa-Museo Manuel María

http://arredordemanuelmaria.blogspot.com.es/

http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/dia-das-letras-galegas

http://coordinadoraendl.org/letras2016/

 App - Falamos de Letras 2016. Manuel María - pode instalarse desde aquí

 

Desde o noso centro, contribuímos con diversas actividades:

 

cartel comprimido

 

 

   Resultaron gañadores do Certame:

   Alba Villanueva de 1º  e  Óscar Gómez de 3º A

PARABÉNS!!

 

 

 

Nos días previos, montamos unha Exposición Central con paneis informativos en torno á vida e obra de Manuel María. A partir dela, o alumnado realizou distintos traballos para coñecelas mellor, dirixidos polos respectivos profesores e profesoras de L.L. Galegas.

 Radio Seaia, emitiu en torno á semana das Letras versións musicadas dos poemas de Manuel María e algunha grabación feita ao efecto.

 

 

Exposición temática na Biblioteca. Con exemplares escritos da súa obra, Cd con versións musicadas dos seus poemas, Fotografías da súa visita ao noso centro e elaboración dun mural de recordo permanente deste evento.

 

 

Xoves 19 de maio. Charla de Xan Fraga.  Amigo persoal de Manuel María e

profesor do instituto cando este nos visitou a propósito do “bautizo” da nosa

biblioteca co seu nome.

Luns 23 de maio. Saída a Outeiro de Rei e arredores: "De Malpica á Terra Cha". Durante todo o día, o alumnado visitou a Casa Museo de Manuel María, o Cemiterio, a Carballeira de Santa Isabel, as Penas de Rodas e o Castro de Viladonga. Ofrenda floral, recitado de poemas, música e actividades na natureza foron algunha das cousas coas que rendemos un sinxelo homenaxe ao escritor e á Terra Cha que o viu nacer e inspirou boa parte da súa obra.

tríptico Ex. Outeirotríptico Ex. Outeiro 2

TRÍPTICO INFORMATIVO da excursión a  Outeiro de Rei e arredores

 Cantando todos o himno galego, ante a tumba de Manuel María

A Santa Isabel, xunto ao río Miño

 

 18-22 abril: SEMANA CULTURAL NO CENTRO

 

 

Códigos QR do centro

 

 

 

Coñecendo a natureza na natureza, cos Traskis

 O 18 de marzo despedimos o trimestre cunha saída promovida polo grupo de senderismo da Ruta dos Faros, Os Traskis. Fixemos un percorrido de case 3 horas pola costa, desde o Instituto ata Barizo. O tempo non axudou, pero compensou a fermosa paisaxe e a alegría dos participantes!!

Mil Gracias pola vosa desinteresada implicación!!

 

8 de marzo: Día internacional da muller traballadora

Dia-da-Muller-Gala-Implicate-Buserana

Para que o día da muller

sexa algo máis que unha efeméride…

 

 

Vídeo elaborado por alumnado do IES de Arzúa,

neste curso, para reflexionar con sentido crítico

sobre o rol das mulleres

 Fotos 8 marzo 2016

ENLACES:

 

 

 24 de febreiro: Día de Rosalía

CartelBaseAELGDia-de-RosaliaDeCastro2016-150_001

Seguindo a proposta que cada ano fai a  AELG para conmemorar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (24-2-1837); nesta ocasión, o EDLG do centro, de acordo co Dep. de L.L.Galega e Biblioteca, faremos as seguintes actividades: Exposición da súa obra na  biblioteca; Decoración do tabuleiro da entrada con poemas e fotos seus escritos polo alumnado; Audición de poemas musicados  de Rosalía a través da radio durante os recreos do día 24, ….

 

 

 

 

Máis recursos:

“Un feixe de citas para celebrar a Rosalía”

“A viaxe de Rosalía” (FalaRedes 2016)

“Rosalía é Mundial” Videopoemas

 

 

 

 

Vídeo-Presentación Música de Amancio Prada coas Pandereteiras de Baio cantando

"Airiños, Airiños, Aires"

 

 

21 de febreiro: "Día Internacional da Lingua Materna"

«O uso das linguas maternas no marco dun enfoque plurilingüe
é un compoñente esencial da educación de calidade, que é a base

para empoderar á mulleres e homes e ás súas sociedades.»

Extracto da mensaxe da Directora Xeral da UNESCO, Irina Bokova

 

 

 

 

 

 

Este ano, a UNESCO escolleu o tema "Educación de calidade, lingua-s de instrución e resultados de aprendizaxe" para celebrar o Día Internacional da Lingua Materna, facendo fincapé na importancia destas linguas na educación de calidade e a diversidade lingüística, co obxectivo de seguir avanzando na aplicación da nova Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible.

 

11 de febreiro: "Programa de Transición EP-ESO"

 

 

O alumnado de 6º de EP dos CEIP de Malpica e Buño visitaron pola mañán o noso centro, participando activamente en actividades diversas organizadas para un mellor acercamento á nova etapa educativa que lles espera, a ESO. Á tarde tocoulle o turno ás súas familias.

 

 

 

 

ENTROIDO 2016

O venres 5 de febreiro tivemos unha xornada festiva para celebrar o Entroido no Instituto.

Coa colaboración de titores e do profesorado en xeral, cada aula organizou previamente e con tema libre, a animación e disfraces da súa propia comparsa, coreografías e pezas teatrais breves que se desenvolverían na Casa da Cultura de Seaia entre as 11 e as 13 horas, nun acto aberto ao público.

Partimos andando cara alí polas rúas da parroquia. Ao remate do festival, volvemos para o Instituto para a degustación de doces típicos de Entroido, aportados por todos os membros da comunidade educativa.

FELIZ ENTROIDO!! 

 

30 de xaneiro. "DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA"

Tendo en conta o lema deste ano das bibliotecas escolares:“Biblioteca escolar, base de exploracións” é a declaración da ONU do ano 2016 como "Ano internacional dos legumes"; en colabaoración coa Biblioteca e o resto dos Departamentos Didácticos, propuxemos conmemorar o "Día da PAZ" diste xeito:

cartel DÍA DA PAZ 2016 - copia

Entre outras actividades; cada clase decorou con legumes nas horas de titoría o propio anagrama da paz (calculado e debuxado en EPV) para colgar logo no tabuleiro da entrada con outros traballos e exposicións. A de legumes, estivo acompañada de varios libros ilustrativos da biblioteca que ampliaban información sobre eles.

Organizamos unha recollida solidaria de legumes que se entregou a CÁRITAS de Malpica e Buño.

Desde o Departamento de Música seleccionáronse pezas musicais para poñer o día 28 e 29 nos recreos, a través da Radio Seaia.

Outros Departamentos colaboraron reflexionando co alumnado sobre esta temática, confección de carteis, etc..

 

fotos da paz 2016Queremos agradecer desde aquí a todos e todas os que participastes na recollida solidaria de legumes; en especial á ANPA ORXEIRA pola súa colaboración potenciando a recollida solidaria en distintas tendas do lugar: Supermercado Ordoñez de Cerqueda, S. Elías de Buño, Eroski e Froiz de Malpica e M.M de Seaia.

 

POR UN MUNDO MELLOR, MÁIS SAUDABLE, ..,  EN PAZ E BENESTAR!!

 

 PETICIÓN DE FONDOS PARA O FOMENTO DO USO DO GALEGO NO CENTRO . 2015-16

Orde que regula a subvención (12- 2015)

Proxecto Presentado (1-2016)

 

 

NADAL 2015.       (Nadal en rede 2015)

Ao longo da última semana do curso, neste ano 2015 que remata, coincidindo co tempo de Nadal, realizamos diversas actividades complementarias e extraescolares, ao tempo que se ambientaba o centro con decoración ao efecto, feita en parte entre todos nós, e se recollían xoguetes para doar.

Nueva carpeta

 

O alumnado de 3º e 4º, participou na biblioteca  en 2 charlas relacionadas co Programa “QUÉROTE” solicitado desde o Dep. de Orientación do centro. Tamén asistiu ao Centro Cívico ao Obradoiro “Cartas de Amor”, organizado polo Concello de Malpica para a prevención da “violencia de xénero”.

 

O alumnado de 1º e 2º viaxou á Coruña, para o encontro co escritor Jordi Sierra i Fabra no Centro Cívico Ágora.

O día 18, último día de clase, desde 1ª hora, tivemos actividades festivas varias: Concurso 1,2,3 nas respectivas aulas, torneos de pim-pom e futbolín, xogos tradicionais, …. e entrega de xoguetes e dos premios do “Concurso de Postais para o Nadal 2015!!

Tarxetas de Papel:

1º Premio:Yaiza Gómez Tasende 1º A e Iker Gómez Tasende 2ºAIMG-20151218-WA0006 - copia             IMG-20151218-WA0007

                                                                                        2º Premio: Isabel Santiago, 4º A

TARXETA NDAL

 

 Tarxetas Dixitais:

1º Premio: Alba Villanueva Fernández, 1º A

 

Comezan as merecidas Vacacións de Nadal. Colaboramos coa biblioteca na preparación dunha guía de lecturas e videos recomendados, cos que poder relaxarse visitando e interactuando, como cada quen guste, con xentes e lugares do pasado, presente ou futuro… Boa Viaxe !!

 

Guía de lecturas NADAL 2015-2

2016. "Ano Internacional dos Legumes"pola ONU

 

 A Deputación da Coruña declara o 2016 como

"Ano das Irmandades da Fala"

 

 

10 de decembro, aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

A 67 anos da  Declaración Universal dos Dereitos Humanos, feita pola ONU en 1948, ao finalizar a 2ª Guerra Mundial; continuamos a vivir de preto a falta de: equidade, respecto, liberdade, igualdade, xustiza, tolerancia, solidariedade, ….

Dereitos humanos

 

 

Triste adeus a dous grandes galegos das nosas letras:

                                                                 

 XOSÉ NEIRA VILAS                                                                 

XOSÉ CHAO REGO        

 

 

25 de novembro, contra a "Violencia de Xénero"

Se estás de acordo coa mensaxe desta fotocomposición ....

... ponte en contacto con nós

e regalarémosche un adhesivo con ela

 

"homesconsaia" de Carlos Blanco e Carlos Davila

Proxectos preventivos elaborados desde distintas Consellerías da Xunta de Galicia:

-365 días de respeto e Igualdade: prevención da violencia de xénero no ámbito educativo.

-Donas de si

 

 

 4 de novembro, VI Día da Ciencia en GALEGO

carteisweb1

Neste día, entre as 12:30 e as 13:30, o alumnado de 4º ESO participou dende a nosa biblioteca na videoconferencia que leva por título “A máquina que constrúe a mente e a realidade”; a cargo do doutor Xurxo Mariño Alfonso, especialista en neurofisioloxía.

Está organizada dende a coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega, nun paso adiante no dereito a gozar da ciencia en galego.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Durante a semana da ciencia, do 9 ao 16 de novembro, os museos científicos coruñeses teñen a entrada libre e gratuíta!!

 

 

SAMAÍN 2015

Samaín ( Halloween en zonas anglosaxonas). Ao longo da última semana de outubro, do 26 ao 30, preparámonos para a conmemoración desta festa tradicional e intercultural que, por unha banda serve de homenaxe aos difuntos e, por outra, supón un acercamento desdramatizado e lúdico á morte.

Ao longo da semana ambientouse o centro. Na biblioteca expúxose unha ampla selección de obras diversas relacionadas con esta temática e ofrecéronse, durante os recreos, pases de vídeos na gran pantalla.

premios cabazas

oapostoloO xoves 30,a partir do primeiro recreo, todo o alumnado viu nas súas respectivas clases a película "O Apóstolo", dentro dun proxecto interdisciplinar que continúa ao longo do curso.

 

Posteriormente, ao tempo que a TV da entrada nos ofrecía vídeos "terroríficos", recolléronse os "quimions" feitos polo alumnado, entregáronse os premios do Concurso de Cabazas e......disfrutamos todos ao final dun gran Magosto no patio!!!

collage samain

 

LogoFKM_Def_2015

Na Coruña tivo lugar tamén ao longo desta semana o Festival de Cinema Fantástico FKM!!

 

 

 

 

 

CURSO 2015-16

 

Ola, a todas e todos!!  

Desde o Equipo de Dinamización Lingüística (EDLG), dámosvos a benvida a este novo curso que comeza 2015-16; en especial, aos novos membros da  comunidade educativa: profesorado, alumnado e as súas familias!

Este ano pasamos a formar parte do Proxecto E-DIXGAL, enmarcado dentro do espazo Abalar; centros seleccionados pola Consellería de Educación para impartir ensinanzas con libro dixital (nós so en 1º ESO) .

 ESTADE ATENTOS,

CONTAMOS COA VOSA ESTIMADA PARTICIPACIÓN!!

CURSO 2014-15

 

- Convocatorias de Premios e Concursos promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística ...

- EDUGA, Revista Galega do Ensino

 

 FESTIVAL FIN DE CURSO 2015

O sábado 19 de xuño, démoslle remate final a este curso académico cun Festival no Centro Cívico desde as primeiras horas da mañá. Abriu o acto unha presentación feita polo alumnado de 4º de ESO que este ano deixa o centro, cun amplo abanico de momentos vividos e compartidos nestes 4 últimos anos.

Curso

Coreografías, humor, entrega de premios e trofeos,... agradecementos, risas, apertas, algunha que outra bágoa nas despedidas.... pero sobre todo alegría ante as vacacións que comezan e ilusión polas novas experiencias que esperan no camiño.

No acto entregáronse tamén os premios do Certame Literario 2015. Parabéns aus autores dos traballos presentados:

Antía Suárez, Fabián Ceán, Xeila Taibo e Belén Torres

IMG_20150619_101500_1CS - copia

Guía de lecturas recomendadas para o verán

 

FELICES VACACIÓNS !!!!

 

Irmandados polo nome. Xornadas de intercambio entre nós e o IES Urbano Lugrís da Coruña

O luns 18 de maio e o martes 2 de xuño, son as datas elexidas para este  encontro entre as 2 comunidades educativas irmandadas polo nome do centro. Primeiro fomos nós á Coruña e logo veñen eles a Malpica; alumnado de 1º e 3º de ESO serán os principais protagonistas deste intercambio en torno á figura do polifacético artista URBANO LUGRÍS GONZÁLEZ.

Video da visita ao IES Urbano Lugrís da Coruña

 

 ... máis fotos na Gelería...

 

LETRAS GALEGAS 2015

 

Presumindo do GALEGO, todo o ano, todos os anos...

 

O escritor a quen se homenaxeará este ano na festividade das Letras Galegas , será o pontevedrés:

XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE

Materiais postos a disposicion pola SXPL da Xunta de Galicia

Outros materiais e actividades:

Espazo Abalar, Festa das Letras Galegas na Coruña, en Carballo

http://letrasgalegas.ceipdelaredo.com/

II Carreira Camiño das Letras 

En torno a esta festa grande das nosas letras, no Instituto, ademais de destacar a obra e a persoa de Filgueira Valverde, levaremos a cabo actividades diversas na honra da nosa lingua: Obradoiros de Xadrez, Hip-Hop, Banda Deseñada e Poesía; Encontros con escritores; Certame Literario, Correlingua....

... estade pendentes!!!!

O fallo do Certame Literario 2015, comunicarase durante o festival de Fin de Curso que se celebrará o día 19 no Centro Cívico.

Obras presentadas de 1º e 2º ESO:

A SEREA E O HUMANO , O CAN DA PRAIA , CUMPREANOS EN NÁPOLES

Obras presentadas de 3º e 4º ESO:

OS HOMES DE PEDRA

 

 

Marcha na Coruña do CORRELINGUA , 14-5-2015

 A camiseta coa que animamos a marcha...

 

 

Percorrido Literario pola cidade

 

 - "FALANDO DE TECNOLOXÍA"

Unha actividade innovadora levada a cabo polo noso Dep. de Tecnoloxía, en colaboración co de Galego. A través dela, estudantes de primaria do CEIP de Buño aprenden contidos con mediación dos nosos alumnos de 4º de PDC. O 12 de maio os nosos foron "de profes" a Buño e o 13, os pequenos viñeron facer experimentos complementarios ás nósas aulas.

 

- 8 de marzo "DÍA DA MULLER"

 MULLER, DONA DO TEU DESTINO... !!!

Traballo profesionalizador

en calquera campo que ti desexes medrar como persoa;

seguindo ou non, o rol que "de sempre" se espera de ti...

TI ELIXES ... !!!

 

 

 

- 24 de febreiro "DÍA DE ROSALÍA" 

 

 

Neste día, 178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, "nós tamén somos Rosalía". Este é o lema elixido dende a AELG, para conmemorar o seu día. 

Dinamizarase nas aulas polas respectivas profesoras de lingua e literatura galegas. Na biblioteca organizarase unha exposición da súa obra e  pasarase un vídeo da súa vida que se poderá ver ao longo dos recreos da semana:

https://www.youtube.com/watch?v=kzseh_miuDw

Ademáis, a través de “Radio Seaia”, escoitaremos musicados algúns dos seus poemas.

 

“ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES” – Astarot -

“NINFA DAS FRESCAS AUGAS” – Roi Casal -

“A XUSTIZA POLA MAN”  –  Aid (Rapoemas) –

“CAMPANAS DE BASTABALES” – Amancio Prada -

“NAS TARDES ESCURAS” – Narf -

 

 

- 14 de febreiro "DÍA DO AMOR"

Dende a SXPL, convócase este concurso de mensaxes de amor escritas en galego

 

Coincidindo co Entroido, este ano, o "Día do Amor", pasou un tanto desapercibido. Na nosa biblioteca organizouse unha pequena exposición de obras literarias, musicais e de cine relacionadas con esta temática.

 

 

 

 

 

 

-ENTROIDO 2015

Nesta ocasión, unímonos ao CEIP Milladoiro de Malpica, para celebrar o Entroido. Previos contactos entre os dous centro, decidimos acompañar de "astronautas" aos diversos "países do mundo" de que irían disfrazados os máis pequenos. En colaboración con todos os departamentos, en especial o de EPV, elaboramos no IES os nosos traxes para o desfile pola vila de Malpica, previsto para o día 13 de febreiro. O tempo non acompañou e tivemos que reunírmonos cos alumnos de infantil e primaria no patio do seu centro. O encontro tivo lugar no descanso do Festival que preparamos no Centro Cívico ao longo da mañán: coreografías, "play-backs, música, ... a cargo de alumnado e profesorado; unido a un obradoiro de baile, encheron de alegría e colorido este día.

(máis fotos na galería)

 

- PROXECTO que presentamos á Consellería de Educación trala Convocatoria da SXPL, aparecida en xaneiro deste ano, de Proxectos de Innovación en Dinamización Lingüística para o curso 2014-15.

 

- 30 de xaneiro de 2015, DÍA INTERNACIONAL DA PAZ

Lema para o día da Paz 2015

Lema proposto este ano para a reflexión arredor do Día da Paz

A el chegamos despois de analizar as características das persoas premiadas co último Nobel da Paz e tendo en conta a promoción do Matemático que se fai dende as Bibliotecas Escolares, así como algúns comentarios que escoitamos ás veces no noso alumnado nos que desprecian “a Escola”….

O premio Nobel da Paz foi concedido, na edición de outubro de 2014, a dous heroes da infancia: a paquistaní MALALA YOUSAFZAI e o indio KAILASH SATYARTHI. Curiosamente, Paquistán e India son dous países enfrontados políticamente, con relixións diferentes… Unha oportunidade de unirse por un obxectivo común.

Ámbolos dous premiados son reivindicadores pacifistas dos dereitos dos nenos e nenas á Educación. A educación que te fai pensar, che da coñecemento, liberdade,… e oportunidade de construír en paz un mundo mellor …

1412931102_118892_1412936311_noticia_fotograma

Ela, con tan so 17 anos, centrada no dereito das mulleres do seu país á Educación; feito polo que sufriu un atentado que case lle leva a vida. El, tratando de evitar a explotación obreira en menores; dos aproximadamente 12 millóns de nenos menores que se calcula traballan na India xornadas de Sol a Sol, conseguiu liberar xa a uns 80.000…

Nos seguintes enlaces, recóllense un artigo de opinión relacionado co tema e esceas dun documental que se estrea estes días no cine e que reflicte á perfección o que estamos a contar:   “Nenos sen dereitos”      /    Camino a la Escuela”

No instituto, preparamos frases que inclúen símbolos matemáticos. Foron repartidas ao chou en cada clase cando se lles fixo a foto respectiva. Previa reflexión, dirixida polo profesorado participante (Dp. Historia, Ciencias, Matemáticas, LL.Galega, LL.Castelá e Linguas Estranxeiras), cada grupo prepara a súa propia mensaxe para expoñer na exposición do tabuleiro da entrada. No caso das cancións, inglesa e francesa sobre todo, as profesoras incidiron no contido das letras e a súa idoneidade en relación co que estamos a conmemorar.

Fotos x aula, Día da Paz escritas(máis fotos na galería)

Durante os recreos do dìa 30, a través da nosa Radio Seaia, ouvimos as seguintes cancións, escritas en cadansúa lingua das que usamos no Instituto:

John Lennon . IMAGINE https://www.youtube.com/watch?v=JDzQLQ952ZU

Rosendo. No dudaría https://www.youtube.com/watch?v=zmoNMpwW_iA

Yannick Noah feat. Disiz La Peste – Métis(se)- https://www.youtube.com/watch?v=XfYzRCQ3ZpA

Fuxan os ventos. IRMAUS https://www.youtube.com/watch?v=EBFZxhCjgyo

Escoitade ben o que dín as súas letras e disfrutádeas!!

 

Outros Materiais sobre o “Día da PAZ”, seleccionados por: SXPL da Xunta de Galicia e o grupo de Bibliotecas Escolares de Galicia.

 

 

A lingua dando testemuña de NÓS.

Faille sitio na túa vida ao GALEGO......

BO 2015!!

 

 

- NADAL 2014

Comezamos a recta final do 1º trimestre co "Concurso de postais", para ir ambientando o centro neste tempo de NADAL.

Nos seguintes enlaces pódense consultar iniciativas e recursos elaborados para o Nadal pola SXPL (Secretaría Xeral de Política lingüística)  da Consellería de Educación (postais eléctrónicas, guías de agasallos para a xuventude, … )

http://www.xunta.es/linguagalega/recursos_e_materiais_de_nadal_2014

http://www.xunta.es/linguagalega/nadal_en_redeCINEGALEGO2

Dende a Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia, tamén nos deixan suxestións de libros, música ou cine… para tempos fríos

 

 

 

 

A última semana, previa ás vacacións,  contamos co Obradoiro de Regueifas

REGUEIFAS

Para o xoves e o venres 19, ….. actos diversos:

As 3 primeiras sesións: Cine na aula, recreo, entrega de notas, recollida de material, …

Despois das 11:30: Xogos e Torneos diversos en distintos espazos do Instituto, entre eles a Biblioteca. Cara ao final da mañán entregáronse nela os premios aos gañadores-as dos concursos:

TARXETAS DE NADAL

 

1º PREMIO, Concurso tarxetas de Nadal 2014        2º Premio Concurso de Tarxetas de Nadal 2014

 

1º premio: ISABEL COUSILLAS 3º B    2º premio: XEILA TAIBO 1º B

FUTBOLIÑO

1º premio: MARTÍN ZAS  e  BRANDON CASTILLO 3º PDC

2º premio: NICOLÁS POSE 3ºA  e  JONATHAN RODRÍGUEZ 3ºB

PIM-POM

1º premio: DIEGO SUÁREZ 1º A,  2º premio: ADRIÁN CASTRO 4º B

XADREZ

1º premio: CÉSAR CALVO 4º A,  2º premio: MARCOS AÑÓN 3º A

 

PARABÉNS !!!!!!!!!!!!!

P1010411

Festa Nadal 2014

 O ano 2014 remata, aínda queda moito curso por diante ….

agora toca estar coa familia, descansar, disfrutar e repoñer forzas para continuar…

 

- XIX SIMPOSIO PONDALIANO. "As Aventuras de Pelusa"

Parabéns ás nosas compañeiras profesoras pola súa participación!!! Recollendo froitos do traballo realizado o curso pasado con esta obra de Xelucho Abella e sementando novas ilusións en torno á literatura xuvenil máis cercana e entrañable.

 

Simposio Pondaliano_0011

 

- Materiais e recursos recomendados pola SXPL para o tempo de outono.

 

- "O dereito a gozar da física en galego" , lema do V DÍA DA CIENCIA EN GALEGO, deste ano. Esta celebración servirá tamén para homenaxear as figuras de Isaac Newton e do matemático galego Xosé Rodríguez González.

Manifesto escrito polo científico galego Ángel Carracedo con motivo da celebración do Mes da Ciencia que se conmemora tamén na Rede de Bibliotecas de Galicia.

Ligazón de materiais proporcionados pola Consellería de Educación para este evento:

http://www.xunta.es/linguagalega/mes_da_ciencia_en_galego

 

 

- SAMAÍN-HALLOWEEN 2014

En colaboración co Equipo de Extraescolares e a Biblioteca, participamos nesta celebración que terá lugar no centro entre os días 27 e 30 de outubro. Comeza con 2 concursos, un de cabazas e outro de carteis e continúa na biblioteca con pases de contacontos, curtametraxes, videoclips e música durante os recreos deses días, relacionados coa obra de E. Allan Poe.

Resultaron gañadores dos concursos,

de CABAZAS: ISABEL COUSILLAS, 3º B

de CARTEIS: MARTÍN COSTA , 1ºA

PARABÉNS!!!

samaín 2014

 

- O NOSO PLAN DE ACTIVIDADES PARA ESTE CURSO, Presentado en outubro para a súa inclusión na Programación Anual Xeral (PXA) do centro.

 

Obradoiro de “Lendas Malpicás”

Hoxe, 21 de outubro, visitounos Xosé Manuel Varela para impartir este obradoiro de “Lendas Malpicás”, patrocinado pola Concello de Malpica, entre o alumnado de 1º e 3º de ESO. Despois do segundo recreo, a 5ª hora cos rapaces e rapazas de Primeiro e a 6ª hora cos de Terceiro.

Dun xeito coloquial, foron relatándose entre todos lendas das distintas parroquias e lugares que compoñen o Concello, asociadas a costumes, tradicións, restos arquitectónicos, conmemoracións, etc. Todo un descubrimento para moitos, que invita a ser comentado nas casas coas familias, ou entre os amigos, favorecendo así o longo percorrido da nosa tradición oral dende o pasado cara ao futuro !!.

Obradoiro de Lendas Malpicás 21-10-14

*A convocatoria de folga de estudantes para estes días, impediu que moitos deles de 3º, poidesen asistir ao obradoiro.

 

- Outros materiais recomendados pola SXPL para o inicio de curso.

 

- Na páxina web da SXPL, aparecen ideas e materiais para a celebración do "Día Europeo das Linguas", que dende o ano 2011, celébrase o 26 de setembro.

Celebración das LETRAS GALEGAS 2014 no noso centro

 

PREMIOS CERTAME LITERARIO "LETRAS GALEGAS" 2014

Obtivo premio na convocatoria deste ano do noso Certame Literario, a alumna de 14 anos do CPI "As Revoltas" de Cabana:

LUCÍA GAGINO FERNÁNDEZ

co seu relato: "MEMORIAS DUN PEREGRINO"

PARABÉNS!!!

O certame foi declarado deserto en todas as modalidades de 2º Ciclo da ESO, e nas de poesía e teatro do 1º Ciclo.

O premio entregarase durante o festival de Fin de Curso que celebraremos, entre 12 e 13:30, o día 18 de Xuño no Centro Cívico de Malpica (R/ Ventorrillo, 1)

 

Inscrición no Correlingua 2014

Coma noutras ocasións, este ano tamén participaremos no Correlingua 2014. Ao percorrido, que terá lugar na Coruña o 15 de Maio, asistirá o alumnado de 3º e 4º da ESO baixo o alcume “ARDORA” . Dinamizarán a marcha cunhas camisetas deseñadas ao efecto por chavales de 3º.

Sairemos do centro sobre as 10:00 e voltaremos sobre as 12:00

Mapa do percorrido que realizaremos nesta ocasión

 

 

 

 

Proxecto de Fomento do Uso do Galego. Curso 2013-14

Trala convocatoria publicada no DOG. 13 de Xaneiro (O: 2-1-2014), remodelamos o Proxecto de Fomento do Uso do Galego presentado na PXA do instituto en Novembro, adaptándoo aos apartados requeridos na orde antes citada e incluíndo os orzamentos previstos. Co visto e prace da Dirección, foi presentado en prazo na Consellería de Educación.

Taboleiro EDLG 2013-14

 

Entroido 2014!!

O venres 28 de Febreiro, celebraremos no centro o Entroido: Festival no centro cívico, concurso de comparsas e postres, degustacións con música e sobre todo, moita alegría e bo humor.

A primeira hora, haberá clase normal.

A segunda, comezan os preparativos para disfrazarse; cada grupo nos días previos elaborou o seu disfraz e coreografía.

A terceira, baixamos ao centro cívico de Malpica para o Gran Concurso - Festival de música e baile de comparsas.

A quinta, subiremos de novo ao centro a degustar os postres típicos de entroido que os alumnos traian das súas casas. Antes de marchar, recolleremos e limparemos todo.

Toca descansar uns días, se se pode, entre as grandes festas que na contorna dedican ao ENTROIDO!!! 

24 de febreiro: Día de Rosalía e homenaxe a Manuel María

Aproveitando esta data do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, fixemos unha homenaxe ao escritor Manuel María que da nome á Biblioteca do noso centro.

No blog da Biblioteca, aparecen máis datos e fotos do evento; así como na Galería da px. web do instituto.

Actividades do EDLG a desenvolver no noso Instituto no curso 2013-14

Ao longo deste curso, temos previsto levar a cabo as actividades recollidas no Proxecto de Fomento do Uso do Galego, enviado á Consellería dentro da Programación Xeral Anual (PXA).

Distribuir contido


by Dr. Radut