Taboleiro

Apertura do Prazo de Inscrición para Probas Libres para títulos de FP LOE

PRAZO DE INSCRICIÓN: do 19 ao 30 de abril, ambos incluídos.

REQUISITOS:

  • 18 anos para o título de Técnico e 20 para o de Técnico Superior.

A solicitude presentarase en calquera centro educativo que oferte probas libres, aínda que non sexa o elixido.

Excepcionalmente, e de non ser posible a presentación da solicitude directamente ou mediante persoa autorizada nun centro educativo (este ano é posible ademáis a solicitude de entrega automática co asistente informático), poderase presentar en sobre aberto en calquera oficina de Correos, para ser remitida por correo certificado co selo de Correos coa data de entrega, lugar, hora e nome da oficina (artigo 31do Real decreto 1829/1999). A persoa solicitante pedirá explicitamente que se fagan constar as circunstancias do envío, logo da comparación co documento de identidade, segundo o referido artigo. A solicitude irá dirixida ao centro elixido en primeira opción. A documentación presentada que non sexa orixinal deberá estar compulsada, e tamén se deberá incluír unha copia simple do documento de identidade. Será necesario remitir, nos prazos de admisión, unha copia da documentación presentada e selada mediante correo electrónico ao centro ao que vaia dirixida a solicitude.

XORNADA DE ACOLLEMENTO:

Logo de rematado o proceso de matrícula, o equipo directivo do centro, xunto co orientador ou a orientadora do centro, encargarase de organizar e coordinar unha xornada de acollemento de asistencia obrigatoria para as persoas matriculadas co fin de transmitir a información precisa, dar as instrucións que consideren convenientes e aclarar as dúbidas xurdidas para o mellor desenvolvemento das probas.

Lembren que a non participación, sen xustificación, na xornada de acollemento ou en calquera das partes en que se organiza a proba de cada módulo profesional supón a baixa de oficio da totalidade da matrícula.

  • Día: 8 de xuño.
  • Hora: 12:30 h.
  • Lugar: sala de reunións do centro.

DATAS DAS PROBAS

Máis información en: http://www.edu.xunta.es/fp/probas-libres-convocatoria-actual

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS

Convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior para o ano 2021:
As persoas solicitantes soamente poderán cubrir a solicitude de admisión ás probas a través da aplicación informática "Ciclosprobas", que funcionará como asistente, desde a opción dispoñible na páxina www.edu.xunta.gal/fp/probas ou ben directamente desde a seguinte ligazón: (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do).

Polo tanto, os centros de inscrición soamente deberán recoller aquelas solicitudes que foran realizadas a través da aplicación "Ciclosprobas".

Descarga o Calendario das probas de acceso 2021

AVISO IMPORTANTE

Para recibir as comunicacións do centro e profesorado, as nais e pais do alumnado menor de idade e o alumnado maior de idade deben instalar a aplicación móbil abalarMóbil.

Neste documento poden atopar máis información: Comunicación con familias.pdf

Convocatoria de probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2020/2021

O 23 de xuño de 2020 publicado no DOG a convocatoria de probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2020/2021.

Nesta ligazón tedes a información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31325

 

Descrición das probas (formato libreoffice).

Video da proba específica.

Promoción do Software Libre

Software Libre?? Linux?? Ubuntu?? Queres coñecer todas as posibilidades que che ofrece o #SoftwareLibre ??

O IES Universidade Laboral pon a disposición do alumnado do centro varios ordenadores portátiles coa distribución de Linux UBUNTU como sistema operativo. Queremos dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece o Software Libre.

Se es alumno ou alumna do centro, solicita a cesión dun dos portátiles UBUNTU a través do teu titor ou titora antes do 24 de febreiro. Máis información nesta páxina.

                                    

Distribuir contido