FPdual Listaxes Curso 2021-2022

O xoves día 8 sae publicado no portal FP da Consellería (http://www.edu.xunta.es/fp/fpdual-convocatoria-2021) a listaxe definitiva de solicitudes para realizar algún dos ciclos da modalidade de FPDual que ofertamos na Universidade Laboral para o vindeiro curso 2021-2022.
 
Convócase ás persoas admitidas ao proceso de admisión para o venres día 9 de xullo a unha reunión informativa co seguinte horario.
 
- CS Mantemento de instalación térmicas e de fluídos - Arce Clima. Hora 10:00 h - Lugar: Sala de reunións.
 
- CS Mantemento electrónico - PROSEGUR. Hora 10:45 h - Lugar: Sala de reunións.
 
- CS Xestión da auga - EMALCSA. Hora 11:30 h. Lugar: Sala de reunións.
 
- CS Mecatrónica Industrial - Hijos de Rivera SAU. Hora 12:30 h. Lugar: Sala de reunións.
 
Lémbrase que a asistencia á reunión é necesaria para continuar no proceso de admisión, así como o cumprimento das normas COVID-19 do centro (máscara obrigatoria).