Apertura do Prazo de Inscrición para Probas Libres para títulos de FP LOE

PRAZO DE INSCRICIÓN: do 19 ao 30 de abril, ambos incluídos.

REQUISITOS:

  • 18 anos para o título de Técnico e 20 para o de Técnico Superior.

A solicitude presentarase en calquera centro educativo que oferte probas libres, aínda que non sexa o elixido.

Excepcionalmente, e de non ser posible a presentación da solicitude directamente ou mediante persoa autorizada nun centro educativo (este ano é posible ademáis a solicitude de entrega automática co asistente informático), poderase presentar en sobre aberto en calquera oficina de Correos, para ser remitida por correo certificado co selo de Correos coa data de entrega, lugar, hora e nome da oficina (artigo 31do Real decreto 1829/1999). A persoa solicitante pedirá explicitamente que se fagan constar as circunstancias do envío, logo da comparación co documento de identidade, segundo o referido artigo. A solicitude irá dirixida ao centro elixido en primeira opción. A documentación presentada que non sexa orixinal deberá estar compulsada, e tamén se deberá incluír unha copia simple do documento de identidade. Será necesario remitir, nos prazos de admisión, unha copia da documentación presentada e selada mediante correo electrónico ao centro ao que vaia dirixida a solicitude.

XORNADA DE ACOLLEMENTO:

Logo de rematado o proceso de matrícula, o equipo directivo do centro, xunto co orientador ou a orientadora do centro, encargarase de organizar e coordinar unha xornada de acollemento de asistencia obrigatoria para as persoas matriculadas co fin de transmitir a información precisa, dar as instrucións que consideren convenientes e aclarar as dúbidas xurdidas para o mellor desenvolvemento das probas.

Lembren que a non participación, sen xustificación, na xornada de acollemento ou en calquera das partes en que se organiza a proba de cada módulo profesional supón a baixa de oficio da totalidade da matrícula.

  • Día: 8 de xuño.
  • Hora: 12:30 h.
  • Lugar: sala de reunións do centro.

DATAS DAS PROBAS

Máis información en: http://www.edu.xunta.es/fp/probas-libres-convocatoria-actual