Este curso ten dous obxectivos. O primeiro obxectivo é que o alumno adquira os coñecementos e as destrezas básicas relacionadas co mundo laboral. Para iso aprenderá cales son os seus dereitos e deberes laborais, o contido e os tipos de contratos de traballo, a regulación das condicións individuais de traballo, a interpretación dun recibo de salarios, as posibles modificacións que afectan o contrato e as causas de suspensión e extinción do mesmo e a estructura e prestacións da Seguridade Social. O segundo obxectivo é o coñecemento dos principais riscos laborais presentes no seu sector productivo, as medidas de prevención e protección a tomar pra evitalos; asi como a xestión da prevención de riscos e as técnicas de primeiros auxilios. Como complemento explicaranse técnicas de búsqueda de emprego.