Teremos un coñecemento completo da hixiene industrial, os contaminantes químicos e biolóxicos, os riscos de exposición asociados, vías de entrada ao organismo, os dispositivos de protección e os seus métodos de aplicación, as técnicas de análise , tipos de envases, condicións de etiquetaxe e almacenamento, etc.

Estudiaranse que medidas preventivas se poden aplicar para eliminar e/ou reducir riscos, e que medidas de protección colectiva e individual existen para a súa minimización, dende o ámbito empresarial e legal.

Os coñecementos aquí expostos serán de utilidade para completar a formación do/a Técnico/a Superior en Prevención de Riscos Profesionais. 

Ánimo coa formación!

Apórtase neste curso un coñecemento amplo sobre hixiene industrial, as causas e as consecuencias da exposición a contaminantes no ambiente de traballo, aspectos de epidemioloxía laboral e vixiancia da saúde, así como a descrición exhaustiva dos riscos específicos asociados: ruído, ambiente térmico, vibracións, radiacións ionizantes e non ionizantes.  

Por outra banda, estudiaranse que medidas preventivas se poden aplicar para eliminar e/ou reducir riscos, e que medidas de protección colectiva e individual existen para a súa minimización, todo isto dende o ámbito empresarial e legal.