Skip to Content

Prácticum Depo- Erasmus +

Desde o curso 2016-2017, o noso centro está participando no proxecto "Practicum Depo- Erasmus+"

Practicum Depo é un proxecto que se lle concedeu á Deputación de Pontevedra no programa Erasmus+, dentro da acción clave 1 "Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe" e, en concreto, para "Proxectos de mobilidade para beneficiarios/as de ensinanzas de FP"

Esencialmente permite que, tanto alumnado do ciclo como profesorado, teñan a oportunidade de completar a súa formación en países da Unión Europea.

O obxectivo do proxecto é proporcionar ferramentas e favorecer estratexias que faciliten ao alumnado a inserción laboral noutros paises da UE, aumentar as oportunidades de formación no estranxeiro do alumnado de Formación Profesional, e proporcionarlle as habilidades necesarias para a súa transición do ámbito da educación e a formación ao mercado laboral.

Se queres máis información acerca de Erasmus+ pulsa aqui



page | by Dr. Radut