Skip to Content

TÉCNICO EN CONDUCIÓN DE ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS NO MEDIO NATURAL

No centro impártese este Ciclo Medio pertenecente á familia de Actividades físico-deportivas.

 

Módulos que conforman o Ciclo

 

 

Horario

Os módulos do primeiro curso son en horario de mañán de 9:30 a 15:00, e dúas tardes á semana, de 17:00 a 19:30.

No segundo curso fanse as prácticas en empresas (FCT)

 

 

Formación posterior

Alumnado e profesorado do ciclo teñen unha excelente oportunidade formativa na Escola Superior de Desporto e Lazer na vila de Melgaço ( http://www.ipvc.pt/escola-desporto-lazer ), accedendo a unha formación superior desde o ciclo impartido no noso centro.

 

Condición Física

Para poder realizar as actividades deste ciclo, cómpre ter unha condición física adecuada. Deberemos ser quen de realizar rutas e actividades a pé, en bicicleta e dacabalo de varias horas de duración. Estas actividades realizaranse fundamentalmente no medio natural, e estaremos sometidos, dentro dos límites de seguridade, aos cambios meteorolóxicos: vento, chuvia, variacións de temperatura,...

 

Manter as instalacións e materiais en perfecto estado é unha parte importante da formación deste técnico, polo que se adicarán suficientes horas de clase ás actividades de mantemento e reparación de bicicletas, mantemento de cortes e coidados equinos básicos, entre outras.

Actividades

Ademáis das saídas e actividades lectivas ordinarias, realizanse ao longo do curso outras que, polo seu caracter e duración, teñen un custe económico.

Son entre 3 e 5 saídas que supoñen un desembolso de entre 200 e 250 euros.

Algunhas destas saídas, que levamos feito nos últimos cursos son:

  • Serra de O Courel: 2 días de duración
  • Serra dos Ancares: 2 días de duración
  • Camiño de Santiago en bicicleta: 3 días de duración
  • Semana verde: 5 días de duración

Estas actividades son moi importantes polas aprendizaxes e experiencias que nos proporcionan e por iso o alumnado debe estar disposto a realizalas.

 

Material

Para desenvolver as actividades deste ciclo deberás aportar o seguinte material individual:

  • Un casco de bicicleta
  • Chaleco reflectinte
  • Un casco de montar a cabalo
  • Botas de montar a cabalo
  • Calzado de montaña
  • Mochila

 

Se queres información xeral do ciclo na páxina de FP da Xunta de Galicia pulsa aqui 

Se buscas información do Ministerio de Educación pulsa aqui

Se queres consultar o currículo do ciclo consulta o ficheiro adxunto.

AdxuntoTamaño
Currículo do Ciclo Formativo Técnico en Conducción de Actividades Físico-Deportivas no medio natural.pdf431.46 KB


page | by Dr. Radut