Skip to Content

Listaxe de solicitudes de material escolar para ESO curso 2022-23

Xa está pendurada no taboleiro de información do centro a listaxe do estado das solicitudes de material escolar da ESO para o vindeiro curso 2022-23. Tamén poden poderán cosultar a listaxe a través da aplicación "fondolibros" coa axuda da chave 365. 

PROBAS DE NIVEL LLINGÜÍSTICO PARA O CURSO 2022/2023

Este curso a Consellería vén de convocar a inscrición nas probas de nivel llingüístico B1, B2 e C1 para acreditar a súa competencia en inglés. As probas teñen carácter gratuíto e realízanse no centro.

Aquel alumnado que queira inscribirse nelas debe cubrir e asinar o documento de adxuntos de compromiso indiviual en presentarse a ditas probas.

PRAZO: día 14 de xullo.

LUGAR: entregar na secretaría do centro.

Certame de Poesía Breve Beatriz da Serra

A nosa alumna Brezo Verea Nieto gañou o segundo premio do Certame de Poesía Breve Beatriz da Serra, convocado por varios centros educativos do Val de Miñor, incluído o Terra de Turonio.
Desde aquí queremos darlle os parabéns e compartir con todos vós o seu magnífico poema.
 
Eu prefiro ser a nena
que corre por estas lombas
que monta no seu cabalo
que chora se a provocan.
Eu non quero ser princesa
quero ser unha amazona
quero xogar coas amigas (amigos, amigues)
quero voar coas gaivotas.
 
 
 

CALENDARIO FINAL DE CURSO 2021-2022

No arquivo adxunto pódense ver todas as actividades de fin de curso 2021-2022.

ACLARACIÓNS:

1. As notas entregaranse en papel e pulblicaranse en Abalar. Coas notas finais entregarase o Consello Orientador.

2. No período de reforzo e ampliación a asistencia a clase de todo o alumnado é obrigatoria.

3. Os impresos de matrícula estarán colgados nesta páxina web para descargalos ou poderán recollerse en papel na secretaría do centro.

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 22/23

 Segundo a Orde do 29 de abril de 2022, ábrese o prazo para a solicitude de axudas de material escolar.

PRAZO: DENDE O 19 DE MAIO ATA O 22 DE XUÑO.

A solicitude pódese presentar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia coa chave 365 co código de procedemento ED330B. Igualmente pódese  presentar en papel na secretaría do centro co impreso que se pode descargar do ficheiro adxunto (ANEXO I e II).

Para acceder á orde pódese facer dende aquí

CRITERIOS DE PROMOCIÓN, TITULACIÓN E OBTENCIÓN DE MATRÍCULA DE HONRA NA ESO

Publicamos os novos criterios de promoción, titulación e matrícula de honra segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Estes criterios atopanse no documento que se achega.

 

MODIFICACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS. CURSO 2021-22

         Segundo a Orde do 25 de xaneiro pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, hai que ter en conta, segundo a presente orde,  que no curso 2021-22 haberá tres avaliacións parciais e a 3ª avaliación realizarase o 6 de xuño, tal como establece o calendario escolar (Orde 19 de maio de 2021) e unha avaliación final a partir do 23 de xuño.

       No período abranguido entre a 3ª avaliación parcial e a avaliación final dedicarase a actividades de apoio, reforzo, recuperación, ampliación e titoría de xeito que o alumnado, tanto coas tres avaliacións superadas como o que teña todas ou algunha delas que superar, obterá a súa cualificación definitiva das materias na avaliación final de curso.

     Pódese acceder ás modificacións nas Programacións Didácticas para avaliación final dos distintos departamentos do centro nos arquivos adxuntos que están a seguir:

NON Á GUERRA

"O IES Terra de Turonio súmase ao enorme número de Centros educativos que durante estes días, e debido á triste realidade coa que seguimos a convivir neste século XXI, queren seguir proclamando o seu máis profundo rexeitamento contra a violencia a través dun rotundo "NON Á GUERRA"
Mediante un sinxelo acto celebrado no patio, o alumnado presentou as súas pancartas, leu as súas opinións sobre os conflitos bélicos e sobre o acontecido estes días en Ucrania, e gardou un respectuoso minuto de silencio en memoria das vítimas de todas estas guerras. Tamén foi aproveitada a ocasión para facer unha colecta solidaria co fin de enviar os cartos a "Save the Children", por ser unha das ONG que traballan estes días de xeito máis activo no conflito. Agardemos que este tipo de actos sirvan para concienciar aos rapaces e evitar así que as guerras sigan acontecendo o día de mañá.

 

Máis fotos en adxuntos

 

Distribuir contido


by Dr. Radut