Skip to main content

Queremos facer radio!

Visita CPI O Rosal 2019

Este final de ano estará marcado polo emprendemento dun proxecto non pouco ambicioso. Trátase da montaxe e posta en marcha dun posto de radio no IES de Teis.

O curso pasado xa se fixeron varias incursións neste eido da man de profes como Flor, que quedou finalista no concurso de podcasts; Soledad, que montou unha cuña publicitaria baseada na figura carnavalesca dos merdeiros de Vigo; ou Nair colaborando co Mercado de Teis e radiando algunhas entrevistas co alumnado de 2°A e 2°B.

Úrsula, Sole, David e outras persoas xa traballaron moito para que este proxecto saia adiante.

O pasado venres 15 de novembro recibimos unha agarimosa acollida por parte de Lola e de Bea do CPI Manuel Suárez Maquier (O Rosal), que nos ensinaron o seu colexio, a súa radio e a biblioteca. Foi un día de intensa aprendizaxe!

Queremos facer radio! Camiñamos para que sexa posible.

 

 

Galería de imaxes do evento

Visita CPI O Rosal 2019 Visita CPI O Rosal 2019 Visita CPI O Rosal 2019 Visita CPI O Rosal 2019

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License