Skip to main content

O noso director como poñente das XVI xornadas "Vigo ante o seu futuro"

Os participantes de Vigo ante o seu futuro

O director do IES de Teis, Luis Vilán, participou o pasado xoves, 17.10.2019, na xornada “Formación e Desenvolvemento profesional: Renovación nas Profesións Cualificadas”, que se enmarca nas XVI xornadas “VIGO ANTE O SEU FUTURO”.

Baixo o relatorio “A formación profesional do sistema educativo e o acceso ao emprego dos seus titulados: Aportacións do IES de TEIS ás familias profesionais de Informática e Comunicacións e Imaxe Persoal”, a intervención do director estivo na liña de desvelar os espazos e instrumentos que teñen o obxectivo de conectar o centro educativo coas empresas. Destacou como factores clave que o instituto potencia: o ensino de calidade e formación do profesorado, no desenvolvemento curricular; adaptación das necesidades da empresa ás habilidades da alumna ou alumno e o importante papel das persoas titoras e da coordinación, no módulo de FCT. Subliñou os contactos e estadías de carácter preparatorio as mobilidades de FCT fóra do estado español, baixo o programa Erasmus+. Asemade, presentou as actuacións e os resultados dos tres anos de desenvolvemento da dinamización da orientación ao emprego, e salientou o espazo de conversa, entre o mundo laboral e o centro e ducativo, que constitúen as xornadas de Orientación ao Emprego, das que se celebrará esta curso a vixésimo primeira edición das mesmas.

Recollemos as noticias do evento que difundiu a prensa.

https://www.atlantico.net/articulo/vigo/fp-aspira-volcarse-mas-empresa-innovar/20191017233847734976.html

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2019/10/18/alcalde-reclama-ampliar-oferta-fp/2188382.html

 
Os participantes de Vigo ante o seu futuro Os participantes de Vigo ante o seu futuro

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License