Skip to main content

Seguimos camiñando pola igualdade: a materia “Igualdade de xénero” en 1.º ESO

O Grupo de Igualdade e todo o IES de Teis están de celebración, pois confirmouse que o vindeiro curso 2019/2020 impartirase en 1.º ESO unha nova materia, “Igualdade de xénero”. Esta asignatura, igual que a de “Promoción de estilos de vida saudables”, ten o carácter de materia de Libre Configuración Autonómica e contará cunha sesión lectiva semanal.

A materia de “Igualdade de xénero” implantouse na nosa Comunidade xa desde o curso 2016/2017 para os dous primeiros niveis da Educación Secundaria Obrigatoria nos centros que a soliciten. Nela abordaranse, entre outros contidos, desde conceptos básicos sobre igualdade ata as consecuencias da discriminación cara as mulleres, cuxa peor mostra é a violencia machista.