Skip to main content

RECLAMACIÓN CONTRA AS CUALIFICACIÓNS FINAIS 2º Bacharelato e/ou pendentes de 1º (Curso 2020/2021)

Procedemento de revisión no centro

Será o establecido no artigo 4 da orde do 2 de marzo de 2021, empregando o formulario dispoñible na secretaría do centro: (descargar formulario)

Calendario reclamacións cualificacións 2º Bacharelato e/ou pendentes de 1º

Convocatoria ordinaria

  • 19 e 20 de maio de 2021 (ata as 14:00 horas), presentación da reclamación na secretaría do centro, dirixida ao director.
  • As persoas que presenten reclamación quedan convocadas para o venres 21 de maio de 2021, ás 13:30 horas, onde a dirección do centro comunicará por escrito ao alumno ou alumna e ás súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal a ratificación ou modificación razoada da decisión de promoción ou titulación, o que porá fin ao procedemento de revisión no centro.

Calendario reclamacións cualificacións 2º Bacharelato e/ou pendentes de 1º

Convocatoria extraordinaria

  • 24 e 25 de xuño de 2021 (ata as 14:00 horas), presentación da reclamación na secretaría do centro, dirixida ao director.
  • As persoas que presenten reclamación quedan convocadas para o venres 28 de xuño de 2021, ás 13:30 horas, onde a dirección do centro comunicará por escrito ao alumno ou alumna e ás súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal a ratificación ou modificación razoada da decisión de promoción ou titulación, o que porá fin ao procedemento de revisión no centro.

Normativa que regula o procedemento de reclamación contra as cualificacións finais

ORDE do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

Circular 2/2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2020-2021.