Skip to main content

Poñencia do IES de Teis en Coeduca 2019

Poñencia do IES de Teis en Coeduca 2019

Vanesa Resúa e Gabriel Sánchez en representación do Grupo de Igualdade do noso centro participaron como relatores nas Xornadas "Coeduca. Coeducación para previr a violencia de xénero e para a promoción dunha cultura en Igualdade", que organizou a Concellaría de Igualdade do Concello de Vigo durante os días 6 e 7 de novembro para profesorado, persoal docente e comunidade educativa en xeral, así como para persoas e entidades que realizan a súa intervención no eido educativo.

Os seus obxectivos son fomentar a coeducación para previr a violencia de xénero e a promoción dunha cultura en igualdade mediante a difusión de experiencias de traballo en igualdade desenvolvidas nos centros de ensino.

Xunto con outras experiencias como as do IES Politécnico, o IES Castro Alobre e o IES Álvaro Cunqueiro, o IES de Teis espuxo o labor que se está a facer en materia de igualdade desde a creación do grupo 2019 co obxectivo de evitar condutas machistas no centro, mais tamén de velar pola implantación da coeducación no noso IES.

 

Galería de imaxes do evento

Ponencia Coeduca IES de Teis Ponencia Coeduca IES de Teis

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License