Skip to main content

Plan de igualdade

Xa está publicado o plan de igualdade do noso centro, os seus obxectivos son:

  • Empregar linguaxe non sexista, a nivel escrito e oral.
  • Educar na diversidade afectivo-sexual.
  • Visibilizar ás mulleres nos distintos eidos do saber.
  • Traballar o empoderamento e a autoestima femininas.
  • Promover ás rapazas nas TIC e no ámbito científico.
  • Analizar os estereotipos de xénero, tanto na publicidade, televisión, música, como nos espazos de ocio do centro educativo e fóra del.
  • Facer un uso igualitario dos espazos do centro.
  • Visibilizar e valorar o traballo das mulleres en prol da consecución dos seus dereitos.
  • Sensibilizar o alumnado sobre a loita contra as violencias machistas.
  • Identificar os cambios nas condicións de vida das mulleres e o recoñecemento das súas reivindicacións.
  • Reflexionar sobre a igualdade entre homes e mulleres nas condicións laborais.
  • Fomentar relacións equitativas entre xéneros.

Podes consultar o plan de igualdade completo aquí