Skip to main content

Club de lectura feminista: O club da calceta

Monetiza tu App

O pasado xoves 14 de novembro pola tarde tivo lugar o inicio do club de lectura feminista 'A Liña Violeta'. A reunión produciuse no espazo de igualdade da biblioteca onde falamos da novela O Club da Calceta, de María Reimóndez. 

Foi unha xornada fermosa, onde a conversa fluíu sen necesidade de moito adobío. Invocamos á tía Davinia con pan de mortos, experimentamos as vivencias do grupo calcetando e fixemos da sesión un convivio interxeracional que deixa bo sabor de boca para xaneiro, cando volveremos reunírmonos arredor da noveliña Marta ante o espello.

Grazas pola asistencia ao alumando e familias, á representante da ANPA, Ana, ao profesorado asistente, a Sole e María Jesús, calcetadoras, a Begoña, pola calor da dinamizadora lingüística do centro e a Alicia, porque coa súa achega levounos a ese pasado de estudantes tras o que cómpre facer unha valoración profunda. Grazas! Agardámosvos en xaneiro.

 

 

Galería de imaxes do evento

O club de calceta O club de calceta O club de calceta O club de calceta O club de calceta O club da calceta O club da calceta O club da calceta O club da calceta O club da calceta O club da calceta O club da calceta O club da calceta O club da calceta O club da calceta O club da calceta O club da calceta

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License