Enviado por admin o Mar, 22/12/2020 - 11:46
Neste Nadal tan atípico a comunidade educativa do IES de Teis quere desexarvos unhas boas festas e amosarvos algunhas das actividades que se levaron a cabo nestas datas. Toda a comunidade educativa colaborou para decorar a árbore para que estivesen representados os distintos departamentos.
Por outra banda, creouse unha árbore para que o alumnado pendurase os seus desexos e realizouse un obradoiro de postais inclusivas, en colaboración con outros institutos.
O grupo de igualdade colocou ademais outra árbore de Nadal con 42 tampóns vermellos para dar visibilidade ás 42 mulleres asasinadas neste 2020, que quedaron, se cabe, aínda máis invisibilizadas por mor da pandemia. A árbore vai acompañada desta información e unha pregunta que quere convidar á reflexión... escandalízaste?
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License