Skip to main content

Día da muller escritora 2019

Día da muller escritora

O Departamento de Lingua e Literatura Castelá por 2º ano consecutivo celebrou o 14 de outubro o Día de la Mujer Escritora.

Foron 20 as autoras, en linguas hispanas, seleccionadas neste ano pola comisaria das actividades, a actriz Clara Sanchís. As actividades están organizadas pola Biblioteca Nacional de España (BNE), a Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas (CyM).

Esta data se celebra no luns mais próximo o día de santa Teresa de Jesús (patrona no mundo hispano dos escritores e escritoras).

O lema deste ano (IV edición 2019) xirou arredor do tema MUJER, AMOR Y LIBERTAD. O expositor instalado no vestíbulo principal, intentou dar unha breve achega ás escritoras seleccionadas, coa selección dalgúns fragmentos, invitando así a unha lectura mais profunda.

A profesora Rosa Romero, ademais das lecturas cos seus grupos, invita ós interesados neste evento a visitar o enderezo do seu blog https://romerovila2.blogspot.com/2018/10/iii-dia-de-la-mujer-escritora-2018.html.

O Departamento ten intención de facer desta data un evento de interese, que se manteña no tempo ,como forma de visibilizar ás escritoras, que ata agora tiveron un papel pouco representativo nos currículos da materia.

Rosa Romero Vila

 

Día da muller escritora 2019 Día da muller escritora 2019 Día da muller escritora 2019

Galería de imaxes do evento

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License