Skip to main content

Club de lectura "A liña violeta": Marta ante o espello

Club de lectura: Marta ante o espello

Este pasado xoves asistimos á segunda sesión do noso clube de lectura feminista "A liña violeta". Consistiu nun xantar literario e unha representación teatral da man de Paula Seone, para falarmos deste libro que nos fala en primeira persoa da anorexia, da necesidade de gustar, de sermos perfectas.

A sesión deixou moi bo sabor, xa que vemos moito futuro na perspectiva da xente moza de Teis, que é feminista e sabe identificar os prexuízos que pairan na nosa sociedade.

Queremos agradecer a asistencia ao alumnado, profesorado e nais que se sumaron a esta sesión e, por suposto, a Paula Seoane, que contribuíu a encher de creatividade e ilusión o noso insti.

 

 

Galería de imaxes do evento

Club de lectura: Marta ante o espello Club de lectura: Marta ante o espello Club de lectura: Marta ante o espello Club de lectura: Marta ante o espello Club de lectura: Marta ante o espello Club de lectura: Marta ante o espello

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License