Skip to main content

Maleta de igualdade

A maleta de igualdade

Xa temos no instituto a maleta de igualdade que nos prestou o CFR de Vigo. Nela podemos atopar novelas, ensaios, libros de texto e outro material para traballarmos a igualdade.

A maleta está a disposición dos departamentos para o seu uso nas aulas, parte do seu material estará a disposición da comunidade educativa na biblioteca e servirá para traballar no proxecto de igualdade do centro presentado ao premio Carmen López-Cortón.