Skip to main content

Día das Letras Galegas 2017

Cartaz Manar

Con movito da celebración do día das Letras Galegas estanse a organizar diversos actos no noso centro.

O Departamento de Dinamización da Língua Galega organizou, a representación teatral "As paisaxes de Carlos Casares", de Serafiín Marcos. Será o xoves 18 de maio ás 12:00 h no salón de actos. Durará aproximadamente 1 h e vai dirixida a todo alumnado da ESO e Bacharelato.

Por outra banda, o vindeiro luns 22 de maio, ás 12:00 h, representarase no salón de actos do IES de Teis unha obra de teatro.Esta representación estará aberta a todo o alumnado do centro, especialmente ao dos ciclos formativos.

A obra que se vai representar é Manar "A derradeira caravana" con Sabela Hermida na interpretación e Lino Braxe no texto e Dirección.

Unha muller árabe, vítima dunha guerra que golpea o seu país, sobrevive nun campo de refuxiados. Dende este espazo de dor e pobreza evoca o seu pasado, a súa xuventude, a felicidade perdida, a súa familia, os seus amores, os seus anhelos, as súas esperanzas, a danza, a música, a poesía. Unha habitante da dor.