Skip to main content

Intercambio de felicitacións de Nadal

Intercambio de felicitacións de Nadal

Desde o noso centro leváronse a cabo varias iniciativas para o intercambio de felicitacións navideñas tanto a nivel local como internacional.

Por unha banda, levouse a cabo un intercambio de postais co IES de Chapela. O alumnado de 2ºESO do noso instituto realizou decoracións para a árbore con mensaxes en galego. O alumnado de Ed. Infantil do IES de Chapela realizou estas vistosas postais para intercambiar connoso e velaí o resultado.

Por outro lado, no marco do proxecto de innovación EduExchanges da Xunta, proxecto de innovación de intercambios virtuais con centros europeos, o alumnado de francés intercambiou bolas de Nadal con felicitacións cun centro francés preto de Lille.

 

Galería de imaxes do evento

Intercambio de felicitacións de NadalIntercambio de felicitacións de NadalIntercambio de felicitacións de NadalIntercambio de felicitacións de Nadal

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License