Skip to main content

IV Festival cine Inclusivo de Vigo

IV Festival Cine Inclusivo de Vigo

O día 24 de outubro o alumnado de 4º ESO B e o grupo de 3ºPMAR asistiu acompañado polas Profesoras Rosa Romero e Lorena (LGL) a unha sesión do IV Festival Cine Inclusivo de Vigo. A actividade foi organizada polo Departamento de Orientación. Tras ser recibidos polo alcalde de Vigo, Abel Caballero; desfrutamos dun pase da serie de Movistar+ "SKAM" e un coloquio coa subinspectora, Mercedes Dabán e coa policía Mónica Fernández da Unidade de Participación Cidadá da Policía Nacional ao redor das consecuencias do ciberacoso.

A serie, segundo expertos na materia, ten un alto valor didáctico, pola cercanía á realidade da mocidade de hoxe en día. O alumnado de distintos centros; e os nosos, plantexaron as súas dúbidas respecto á forma de actuar ante o acoso e as responsabilidades que se derivan do mal uso das redes.

Rosa Romero Vila