Skip to main content

Antes do intercambio

Información e normas de participación:

  1. As mobilidades Erasmus repartiranse de forma equitativa entre os departamentos de Imaxe Persoal e Informática.
  2. A duración das mobilidades son de 10 semanas para os Ciclos de Grado Superior e 11 semanas para os Ciclos de Grado Medio.
  3. As becas das mobilidades roldan os 300-400 euros/mes para os Ciclos de Grado Superior e de 1200-1400 euros/mes para os de Grado Medio.
  4. Os criterios de selección son os seguintes:
    • Nivel de idioma.
    • Expediente académico do primeiro curso.
    • Entrevista persoal para avaliar a madurez do candidato.
  5. Se o alumno ou alumna decide retornar antes da finalización da mobilidade deberá consignar a parte proporcional da beca recibida e será cualificado NON APTO na FCT.

Podes consultar aquí o protocolo completo para a elección de alumnado de ciclos medios e aquí o correspondente a ciclos superiores.

Inscrición:

Para participar nunha mobilidade tes cubrir o seguinte documento.

Alumnado seleccionado:

O alumnado seleccionado para unha mobilidade deberá entregar nun prazo de 7 días despois de publicación tras a finalización do proceso de selección os seguintes documentos (poden ser escaneados e enviados por e-mail):

  • Fotocopia do DNI
  • Fotocopia do IBAN - BIC/SWIFT da conta bancaria.
  • Copia, se procede, do billete de avión ida.
  • Firma dos seguinte acordo de compromiso.
  • Seguro obrigatorio de Responsabilidade Civil de accidentes e sanitario (pode ser xestionado polo IES se o desexa o alumno o alumna pero deberá dar o seu consentemento por escrito no acordo de compromiso)

Aloxamiento, viaxe e visado:

  • Os billetes de viaxe, especialmente avión, deberán obterse tan pronto se teñan as datas de ida e volta da mobilidade.
  • O aloxamento estará en función si se fai uso dun intermediario.

Plataforma OLS:

  • O alumnado deberá realizar, de forma obrigatorio a proba inicial e final do idioma no país de destino ou no seu defecto en inglés na plataforma OLS.