Skip to main content

Elena García Armada e o efecto Matilda

Elena García Armada en los Reconocimientos 8 de Marzo. Día de la Mujer (2018)

O efecto Matilda (chamado así porque foi descrito por primeira vez por Matilda Joslyn Gage no século XIX) é o prexuízo en contra de recoñecer as achegas das mulleres científicas na investigación, cuxo traballo adoita atribuírse aos seus compañeiros varóns.

Durante este curso, o alumnado de 2º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato analizou, nas asginaturas de Tecnoloxía e TIC, como os medios trataron a figura da enxeñeira Elega García Armada (unha das mulleres que da nome ás nosas aulas) desde o 2017 ata agora, a partires do seguinte material:

  1. https://www.youtube.com/watch?v=jIyPQHt-Rxk
  2. https://elpais.com/elpais/2017/02/15/videos/1487157730_065101.html
  3. https://onthe50road.com/elena-garcia-armada/
  4. https://elpais.com/tecnologia/2018/11/02/actualidad/1541155415_567029.htm l
  5. https://www.youtube.com/watch?v=pLmPqRFMQtA

Comezaron cun vídeo no que explican en que consiste o efecto Matilda e despois leron os 3 artigos de prensa e rematamos cun vídeo.

Tras ver un vídeo introdutorio no que se fala do efecto Matilda e leren e veren as outras noticias, levouse a cabo unha mesa redonda na que se trataron tres cuestións principais:

  • No artigo do 17 de febreiro de 2017, de El Pais: non nomean á autora do proxecto ata o 4º parágrafo.
  • No artigo de 20 de febreiro de 2019, de On the road: comentouse o seguinte parágrafo:
    Dirige una línea de investigación pionera internacionalmente, sin embargo, dentro de la escala de investigadores del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) se encuentra en el puesto más bajo, cuando por curriculum e investigación podría estar en los niveles superiores. ¿Por qué? Eso se pregunta Elena García Armada y cualquiera que conozca su trabajo.
  • Comparáronse os artigos do 11 de novembro de 2018, e o artigo co do 17 de febreiro 2017, ambos do xornal El País: É a mesma noticia? Que tratamento recibe Elena García en cada un deles?

Para rematar repasamos a importancia dos descubrimentos feitos por Hedy Lamarr, a quen está adicada a aula 206, e como as súas investigacións foron pouco coñecidas ata fai pouco.

 

Todos os días deberían ser o día contra a Violencia de Xénero