Skip to main content

E-Dixgal (ampliación a 3º e 4º da ESO) e Axudas para adquirir material escolar para o curso 2021/22

O vindeiro curso, 2021/22, vaise dar continuidade ao Proxecto E-Dixgal nos cursos de 3º e 4º da ESO.

O centro participa no Proxecto E-Dixgal dende o curso 2014/15 (xa anteriormente, dende o curso 2011/12, viña participando no Proxecto Abalar) para os cursos 1º e 2º da ESO.

Esta nova fase, que se inicia no vindeiro curso 2021/22, coa ampliación a 3º e 4º da ESO, do proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) ten como obxecto favorecer o desenvolvemento dun proxecto integral de educación dixital, facilitando a dispoñibilidade de libros dixitais e doutros materiais dixitais cos que desenvolver o proxecto curricular para toda a etapa da ESO.

A participación en E-Dixgal é causa de exclusión de axudas ou subvencións para o mesmo fin, como é o caso da participación no fondo solidario de libros de texto. Non obstante, si se pode solicitar a axuda para adquirir material escolar.

O prazo para a solicitude do material escolar para o curso 2021/22 (cheque de material escolar) está aberto ata o vindeiro 22 de xuño.

Referencias:

E-Dixgal: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal

 

Axuda para adquirir material escolar, curso 2021/22: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/34002