Skip to main content

Creación do grupo LGTBI+

Primeira reunión do grupo LGTBI+

Nas pasadas semanas creouse no noso centro o grupo LGTBI+ da man da profesora Nair García. Este grupo de visibilización do colectivo LGTBI+ reúnese os venres no recreo.

Nas próximas semanas a súa intención é levar a cabo charlas de formación para o alumnado, conmemorar o Día contra a Homofobia e formaranse internamente con Rihanna, alumna do IES Paralaia que asesorará estes mozxs na implantación deste grupo no noso IES.