Enviado por admin o Dom, 22/11/2020 - 18:40
Convócanse bolsas Erasmus+ para recén titulados de ciclos de FP de Grao Medio.
As bolsas consisten nunha realización de prácticas profesionais dun mínimo de 6 meses para alumnado recén titulado. Considérase alumnado recén titulado ó alumno durante un ano dende a data de obtención do título. Por este motivo o alumno debe comezar as súas prácticas nun período comprendido entre a obtención da titulación e os seis meses posteriores. A data de comezo variará en función da evolución da pandemia.
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 4 de decembro de 2020 (incluído).
Fai clic aquí para máis información e para descargar o formulario de solicitude.