Skip to main content

O IES de Teis relator nas Xornadas "Coeduca. Coeducación para previr a violencia de xénero e para a promoción dunha cultura en Igualdade"

O IES de Teis participará como relator nas Xornadas "Coeduca. Coeducación para previr a violencia de xénero e para a promoción dunha cultura en Igualdade", que organizará a Concellaría de Igualdade do Concello de Vigo durante os días 6 e 7 de novembro para profesorado, persoal docente e comunidade educativa en xeral, así como para persoas e entidades que realizan a súa intervención no eido educativo.

Os seus obxectivos son fomentar a coeducación para previr a violencia de xénero e a promoción dunha cultura en igualdade mediante a difusión de experiencias de traballo en igualdade desenvolvidas nos centros de ensino.

O noso instituto participará como relator expoñendo a nosa experiencia o 6 de novembro na mesa redonda: Boas prácticas coeducativas desenvolvidas en centros educativos, na que tamén participarán o IES Politécnico de Vigo, o IES Alvaro Cunqueiro e o IES Castro Alobre de Vilagarcía.

Neste enlace pódese consultar o programa das Xornadas.