Enviado por admin o Xov, 25/06/2020 - 23:44
Comprácenos anunciar que o noso centro acollerá o curso próximo o seu primeiro ciclo de FP Dual: o CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, en colaboración coa empresa Imatia.
Vantaxes da FP Dual:
- O 33% por centro das horas do ciclo terán lugar na empresa, no primeiro curso, entre maio e agosto de 2021. Estas prácticas son remuneradas, con alta na Seguridade Social.
- Grupos reducidos, cun alumnado de unicamente 12 persoas por grupo.
- Facilita o acceso ao mercado laboral.
Podes obter máis información sobre a FP Dual nesta ligazón do portal educativo.
Se estás interesado/a, non esquezas inscribirte entre o 25 de xuño e o 8 de xullo a través do asistente web e despois entregar a solicitude xerada xunto coa documentación requirida na secretaría do noso centro educativo. Máis información sobre o proceso de admisión a FP Dual aquí.
Ademais, os horarios para este ciclo no vindeiro curso xa están publicados na nosa páxina web, consúltaos aquí.