Skip to main content

Charla: Monetiza a túa App

Miguel Areán durante a charla

O pasado xoves 14 de novembro tivemos o pracer de recibir de novo a Miguel Ángel Areán Míguez que impartiu unha charla ao alumnado de Informática, titulada "Monetiza tu App", dirixida principalmente aos que cursan os Ciclos Superiores de Desenvolvemento de Aplicacións, en turno de mañán e de tarde.

Miguel Areán, conferenciante habitual no noso instituto, falounos das distintas opcións que existen para monetizar unha App, como vender a App na tenda de aplicacións correspondente, facer a App por encargo doutra empresa e cobrar polo traballo, incluír anuncios, micropagos ou pagos progresivos.

Falounos doutros axentes que tamén ingresan cartos coa monetización da nosa aplicación e tamén debatiu co alumnado a ética dos micropagos ou similares, así como de facer da recollida de datos do/a usuario/a a forma de monetizar a aplicación mediante a venda dos mesmos, poñendo casos concretos.

Moi interesante para os/as programadores/as que están empezando, como é o caso do noso alumnado, foron os consellos que lles deu á hora de evitar erros á hora de crear e gañar cartos coa súa primeira aplicación, tanto en ámbitos organizativos como legais.

Miguel conta con 20 anos de experiencia no sector das TIC, onde comenzou como programador e deseñador de bases de datos para pasar despois aos postos de analista e consultor.

Actualmente dirixe a empresa Polygon-e (que recibe con frecuencia alumnos do noso instituto para realizar alí a súa Formación en Centros de Traballo), que fundou en 2007. Tamén creou a marca www.polygonestudios.com, centrada no fomento do sector dos videoxogos en España e fundou, en 2016, Digital and Creative Talent, empresa con sede en Madrid para o desenvolvemento da creatividade e o talento dixital na sociedade.

 

Galería de imaxes do evento

Charla Miguel Areán 2019 Charla Miguel Areán 2019 Charla Miguel Areán 2019 Charla Miguel Areán 2019 Charla Miguel Areán 2019 Charla Miguel Areán 2019

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License