Skip to main content

Charla de D. Luis Cornide López ao alumnado de 1º FPB Informática de Oficina

O alumnado de 1ºFPB de Oficina na charla de Luis Cornide.

O alumnado de primeiro curso de FP Básica de Informática de Oficina tiveron a oportunidade o pasado venres 4 de decembro de asistir a una charla-coloquio con Don Luis Cornide López, Director de Recursos Humanos de Magna Seating Internacional. Con máis de 20 anos en postos de alta Dirección e dirixindo equipos de Recursos Humanos, soubo captar a atención dun alumnado que, coas súas preguntas deixaron constancia do seu interese no tema proposto: “A entrevista de traballo: todo o que hai que saber e que non aparece nos manuais”.

Tras explicarlles os seus comezos descargando camións e facendo moitas horas extra en Bimbo, deixoulles clara unha mensaxe para que aplicasen nas súas vidas: “Formarse ben e ser cabezóns para acadar todo aquilo que se propoñan, sen importar o que os demais pensen de se poden conseguilo ou non”. A charla rematou co agradecemento explícito que lle fixeron os estudantes, que comentaron que estaban moi agradecidos de todo o que lles contara.