Skip to main content

Videoconferencia: Unha aventura chamada activismo

Unha aventura chamada activismo

Como actividade dependente da conmemoración do Día Internacional dos Dereitos Humanos, o día 8 de xaneiro celebrouse no salón de actos do instituto a conferencia “Unha aventura chamada activismo”, á que asistiron o alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º de Bacharelato.

O relator, Ricardo Ruidiaz, de nacionalidade colombiana, é periodista, defensor dos dereitos humanos e dirixe unha ONG chamada Amigos Unidos.

Na charla explicou que é ser activista e os distintos recursos que existen para loitar polos dereitos humanos. Ademais falou das súas propias vivencias como activista que o levaron a abandonar o seu país de orixe e os seus seres queridos e vivir no exilio desde maio de 2020, despois de varios ataques e ameazas por parte de distintas organizacións criminais.

Ao remate da conferencia, houbo unha quenda de preguntas onde o alumnado puido resolver todas as súas dúbidas e preguntarlle sobre a súa experiencia como activista.

O acto foi xestionado e coordinado por Xián García, antigo alumno de IES de Teis e membro da ONG Amnistía Internacional.

 

Galería de imaxes

Unha aventura chamada activismoUnha aventura chamada activismo

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License