Skip to main content

Atraso do inicio das clases

Infórmase a alumnado e familias que se atrasa o inicio das clases atendendo ao seguinte calendario:

  • O día 23 de setembro incorporarase o alumnado de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria, 1º curso de bacharelato, 1º de formación profesional de grao medio e superior do réxime ordinario.
  • O día 24 de setembro incorporarase o alumnado de 3º de educación secundaria obrigatoria, 2º curso de bacharelato, 2º de formación profesional de grao medio e superior do réxime ordinario e todos os ciclos do réxime de persoas adultas e dual.
  • O día 25 de setembro incorporarase o alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria e de formación profesional básica.

En breve publicaremos o horario das presentacións.