Skip to main content

Actos 8M

8M 2021

Este ano celebramos no centro o Día Internacional da Muller o martes día 9, por mor das diferentes folgas convocadas o día 8 de marzo. Por causa da pandemia non puidemos levar a cabo os actos comúns que viñamos desenvolvendo os cursos anteriores, pero non por iso quixemos deixar pasar a oportunidade de trasladar ao noso alumnado a importancia de vivir en igualdade.

Como elemento común a todo o centro, e ante a petición do propio alumnado, debateuse na clase sobre algún dos temas relacionados coa igualdade:

  • Micromachismos
  • O porqué da desigualdade
  • Sexualidade
  • Mulleres e medios de comunicación
  • Pandemia e desigualdade
  • Porcentaxes por sexos do alumnado e persoal do noso centro (pódense consultar os datos aquí)

Elixíronse ademais mulleres para dar nome a seis novos espazos do instituto, que son os seguintes:

  • Informática 7: Antonia Ferrín, astrónoma.
  • Informática 5: Katherine, Dorothy e Mary, calculistas e programadoras - “Hidden figures”.
  • Informática 1: Simone de Beauvoir, filósofa e feminista.
  • Informática 2: Irmás Touza, Estación liberdade.
  • Departamento de Imaxe Persoal: Isabel Zendal, enfermeira.
  • Departamento de Educación Física: Susana Rodríguez Gacio, paratriatleta.

No patio cuberto creamos o panel “Mulleres e medios de comunicación”, coas reflexións feitas polo alumnado, que se encheu cos traballos realizados nas aulas.

Ademais, aproveitamos para dar a coñecer ao alumnado quen foi a muller que da nome á súa aula de referencia.

A maiores, durante a semana anterior en 1º Bac TIC e 4º ESO TIC levouse a cabo unha tarefa de animación de imaxes utilizando a AI de myheritage, das seguintes mulleres, aproveitando para falar da súa biografía:

  • María Moliner: 1900-1981 foi unha bibliotecaria, arquiveira, filóloga e lexicógrafa española, autora do Dicionario de uso do español.
  • Ernestina Otero: 1890-1956. mestra e pedagoga.
  • Margarita Salas: 1938-2019, bioquímica, primeira muller que recibiu a Medalla Echegaray.
  • Ada Lovelace: 1815-1852, matemática, informática e escritora.
  • Simone de Beauvoir: 1908-1986, filósofa, profesora e escritora.
  • Maria Salomea Skłodowska-Curie: 1867-1934, primeira persoa que recibiu dous premios Nobel en distintas especialidades.
  • Hedy Lamarr: 19014-2000, actriz, enxeñeira electrónica e inventora.
  • Jane Austen: 1775-1817, novelista

Podedes ver as animacións na nosa galería.

Grazas porque xuntas conseguiremos un lugar mellor para as que nos sucederán e incluso que a historia se reescriba para facérmonos xustiza.

Este 8M foi silencioso, pero hai un berro e un clamor máis grande ca nunca. Camiñamos xa cara o 8M de 2022. Nin un paso atrás!

 

Galería de imaxes

8M 20218M 20218M 20218M 20218M 20218M 20218M 20218M 20218M 20218M 20218M 20218M 20218M 20218M 20218M 2021 8M 2021 8M 2021

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License

Todos os días deberían ser o día contra a Violencia de Xénero