Skip to main content

Actividades no Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Actividades do día Internacional contra a Violencia de Xénero

Cada 25 de novembro se conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Nesta ocasión evitamos os actos multitudinarios e traballamos este día en cada aula. Deste xeito traballouse nas aulas o tema mediante coloquios, debates, vídeos e material relacionado, como a exposición Mulleres en Loita de Amnistía Internacional. Fíxose fincapé na historia daquelas mulleres que dan nome ás nosas aulas e que sufriron violencia de xénero, creando un xornal con artigos sobre elas. Ademais, nas horas de titoría, o alumnado preparou chapas con lemas relacionados. Podes votar no concurso de chapas na seguinte ligazón: https://25n-iesteis.blogspot.com/

O departamento de Orientación preparou ademais viñetas de Mafalda relacionadas para traballar co alumnado nas titorías, que se colocaron nas paredes de acceso ao espazo de Igualdade.

E desde a biblioteca recoméndannos unha serie de libros relacionados coa violencia sobre as mulleres:

  • Violencia física: Senlleiras, de Antía Yáñez, O club da calceta, de María Reimóndez.
  • Violencia psicolóxica: As estacións do lobo, de María Reimóndez.
  • Violencia contra o corpo das mulleres: Red Lion (María Alonso), Marta ante o espello (Teresa Calo).
  • Violencia noutras épocas históricas: María Vinyals (Isabel Blanco).
  • Violencia contra o colectivo LGTBI+: Fóra do Normal (María Reimóndez), Elisa e Marcela.
 

Galería de imaxes

Actividades do día Internacional contra a Violencia de Xénero Actividades do día Internacional contra a Violencia de Xénero Actividades do día Internacional contra a Violencia de Xénero Actividades do día Internacional contra a Violencia de Xénero Actividades do día Internacional contra a Violencia de Xénero Actividades do día Internacional contra a Violencia de Xénero Actividades do día Internacional contra a Violencia de Xénero Actividades do día Internacional contra a Violencia de Xénero Actividades do día Internacional contra a Violencia de Xénero Actividades do día Internacional contra a Violencia de Xénero Actividades do día Internacional contra a Violencia de Xénero Actividades do día Internacional contra a Violencia de Xénero Actividades do día Internacional contra a Violencia de Xénero Actividades do día Internacional contra a Violencia de Xénero Actividades do día Internacional contra a Violencia de Xénero Actividades do día Internacional contra a Violencia de Xénero Actividades do día Internacional contra a Violencia de Xénero Actividades do día Internacional contra a Violencia de Xénero Actividades do día Internacional contra a Violencia de Xénero Actividades do día Internacional contra a Violencia de Xénero Actividades do día Internacional contra a Violencia de Xénero Actividades do día Internacional contra a Violencia de Xénero Actividades do día Internacional contra a Violencia de Xénero

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License