Skip to Content

Mestres de catro patas (19-12-2018)

yaracan

Imaxe: Gabinete de Prensa do Concello de Soutomaior.

Ti decides! Programa xuvenil de prevención de condutas de risco (OMIX - Concellería de Xuventude de Soutomaior)

O mércores 19 de decembro o noso instituto acolleu unha interesante actividade protagonizada por catro cans da asociación Yaracan. Esta asociación promove a terapia con cans para axudar as persoas con dificultades e o alumnado de colexios e institutos a mellorar a autoestima, potenciar a empatía, tolerar a frustración e a aceptar as diferenzas.

A demostración de terapias consistiu en diversos xogos cuns mestres moi especiais: Trufa, Uma, Eco e Goofy, catro cans de razas golden e labrador.

Xa que non falabamos o mesmo idioma, a comunicación estableceuse mediante a linguaxe corporal. A través de xestos conseguimos establecer unha relación de entendemento mutuo que superou as nosas diferenzas.

A lección que nos deron estes mestres é que podemos relacionarnos con todo o mundo se nos esforzamos todos en buscar unha conexión común.

Lucía Castrillo (1º ESO B)

O mércores desta semana os alumnos e alumnas de 1º da ESO tivemos unha actividade moi interesante chamada "Catro patas de apoio” destinada a aprender valores grazas a cans adestrados.

Nesta actividade puidemos coñecer a Uma, Goofy e Eco, que eran cans golden retriever, e a cadela Trufa, unha labrador. O seu traballo consiste en participar en terapias psicolóxicas en hospitais axudando a nenos e maiores. Como nos contaron, os cans levan unha vida normal sen exceso de traballo e xogando. Ensináronnos tamén como tratalos, con tranquilidade e agarimo, para entrar en contacto con eles e aprender responsabilidades.

Sabela Magariños Pereira (1º ESO A)

Os cans entran nas aulas, crónica do Faro de Vigo (20-12-2019).

Terapia con cans no instituto, nota de prensa do Gabinete do Concello de Soutomaior (20-12-2018).



book | by Dr. Radut