Skip to Content

Blogue de extraescolares

VII Festival de Curtametraxes e Diversidade Funcional

andaina

Imaxe: Festival Andaina.

O Festival Internacional de Curtametraxes Andaina chegou á súa 7ª edición e o alumnado de 2º ESO acudiu a un dos pases escolares que tivo lugar no Auditorio de Redondela o xoves 25 de abril. Nesa xornada o FIC Andaina acolleu os integrantes do proxecto DisCamino e proxectou diferentes traballos cinematográficos que teñen como obxectivo sensibilizar e visibilizar as diferentes discapacidades, sensorial, intelectual e física, entre a sociedade, neste caso entre o alumnado de diferentes centros escolares da comarca.

Ondas, cores e interferencias na ciencia, na enxeñería e na vida cotiá

O pasado martes, 23 de abril, o profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Minas da Universidade de Vigo, Benito Vázquez Dorrío, impartiu unha charla para o alumnado de ciencias d 1º de bacharelato baixo o título "Ondas, cores e interferencias na ciencia, na enxeñería e a na vida cotiá". Este Obradoiro, que tivo unha dimensión máis ben práctica e experimental, foi organizado polo Departamento de Física e Química e sóubolle ben a pouco ao alumnado, que participou con interese nas propostas feitas polo profesor Vázquez Dorrío no marco dun programa de divulgación científica que podedes coñecer máis polo miúdo nesta páxina.

Programa de divulgación científica da Universidade da Coruña

estatística

O pasado 9 de abril o alumnado de 3º e 4º da ESO asistiu ás conferencias "Estatística. Que demo é iso?” e "Probabilidades trampulleiras... ou non tanto" (charla de divulgación científica), respectivamente. Esta actividade foi organizada polos Departamentos de Orientación e Matemática no marco do programa de charlas de divulgación científica e cultural da Universidade da Coruña.

caoO relator foi Ricardo J. Cao Abad, profesor de Estatística e Investigación de Operacións da Universidade da Coruña cuxas investigacións se centran en diversos campos como a Estatística non paramétrica, o bootstrap, a análise de supervivencia ou a análise de datos funcionais e a análise estatística de datos de gran volume (big data). Na actualidade é Co-Editor da revista Computational Statistics e Editor Asociado da revista Journal of Nonparametric Statistics.

Obradoiros de Robótica e Natureza

robótica 02

O alumnado de 3º ESO participou os pasados días 5, 8 e 12 de abril no Programa Ciencia e Tecnoloxía que impulsa a Concellaría de Educación nos centros de ensino de Soutomaior. En concreto, ee grazas á colaboración da OMIX e o Departamento de Tecnoloxía, o noso IES acolleu os Obradoiros Robótica e Natureza, impartidos pola empresa Kidcode.

Por que a natureza? A natureza sempre foi fonte de inspiración para a creación de novas tecnoloxías. Os animais máis inesperados son a clave para innovar en robots con funcións asombrosas: medusas, bolboretas, cans, arañas... Neste obradoiro teórico-práctico partiuse dos fundamentos da robótica para chegar aos modelos máis sofisticados que se poden atopar.

Tamén houbo espazo para os exoesqueletos, armazóns mecánicas ou robóticas que usan as persoas e que están inspirados en animais coma os insectos e os crustáceos. Baixo a guía das monitoras, o alumnado analizou as súas aplicacións médicas e industriais.

Desenvolvemento do Proxecto Roma

01  

O Proxecto Roma estase a desenvolver durante estas semanas como anticipo da nosa viaxe de fin de etapa, que se realizará a finais do mes de marzo.

O alumnado participante no proxecto rematou xa o obradoiro de mosaicos, así como tamén as actividades do club de lectura e cinema, co visionado de A Roma con amor de Woody Allen e a lectura de O armiño dorme de Neira Cruz. Nestes momentos, estamos inmersos na preparación da nosa guía de viaxe, na análise das obras artísticas máis relevantes de Roma e Florencia e tamén na elaboración do glosario de terminoloxía relacionada coa a Antiga Roma, que nos permitirá comprender a visita guiada ao Coliseo e ao Foro Romano.

Seguimos traballando durante estas últimas dúas semanas. Lembrade que as próximas sesións fóra do horario lectivo celebraránse os xoves 28 de febreiro e 7 de marzo, de 15:00 a 17:00. 

Para ter máis información e ver as imaxes do proxecto, podedes acceder á galería ou ao blog da biblioteca, que funciona como caderno de bitácora da actividade.

Distribuir contido


by Dr. Radut