Esquema de tema

  • Xeral

    • Tema 1

      Traballo de investigación sobre as consecuencias do consumo de alcohol

      ordenador

      Introdución

      O consumo de alcohol provoca danos severos na saúde. A pesares das campañas que se realizan para evitar o consumo de alcohol, sobre todo en xente nova, a idade na cal se empeza a consumir, diminuíu drasticamente.

      Para concienciar acerca do dano que provocamos no noso corpo ao consumir alcohol, precísase coñecer con maior profundidade o que sucede nos nosos órganos cando bebemos.

      Tarefa

      Deseño e elaboración de material informativo acerca dos danos que produce o consumo de alcohol. Esta información compartirase cos nosos compañeiros de clase e o resto da comunidade educativa.
      Este material consistirá nun tríptico, nunha infografía ou nun vídeo.

      Proceso

      Para realizar esta tarefa deberedes seguir os seguintes pasos:
       1. Creación dun grupo formado como máximo por catro integrantes.
       2. Procura de información utilizando fontes fiables que permitan responder ás seguintes preguntas:
       a) Que órganos se ven afectados polo consumo de alcohol?
       b) Que enfermidades van asociadas ao consumo de alcohol?
       c) Que problemas sociais pode levar asociado o consumo de alcohol?
       d) As consecuencias derivadas do consumo de alcohol son as mesmas cando se comeza a beber na adolescencia ou cando xa se é adulto? 
       3. Analizar e elixir a información que servirá para elaborar o material informativo.

      Elixirase un tríptico para distribuír entre a comunidade educativa. As infografías que teñan calidade serán expostas nas zonas comúns do centro e os vídeos utilizaranse para realizar actividades durante as horas de titoría.