Teoría e actividades da Bioloxía e Xeoloxía de 3º de ESO

A materia de Anatomía Aplicada  é unha materia que se ofrece como optativa nas
modalidades de bacharelato de artes e de ciencias da saúde e pretende achegar
os coñecementos científicos que permitan comprender o corpo humano e a
motricidade humana en relación coas manifestacións artísticas corporais e coa
saúde.

O corpo e o movemento son medios de expresión e comunicación, polo
que comprender as estruturas e o funcionamento do corpo humano e da acción
motora dotará o alumnado da base necesaria para que, dentro dunhas marxes
saudables, poida mellorar o seu rendemento no proceso creativo e nas técnicas
de execución artística, así como, en xeral, na vida. Para iso, esta materia
está integrada por coñecementos, destrezas e actitudes de diversas áreas de
coñecemento que se ocupan do estudo do corpo humano e da súa motricidade,
tales como a anatomía, a fisioloxía, a biomecánica y
patoloxía e as ciencias da actividadefísica. Con isto se
consegue aumentar a comprensión do corpo humano desde o punto de vista
biolóxico xeral e de previr a aparición de certos procesos patolóxicos.


Recursos para o alumnado de Bioloxía de 2º de Bacherelato.