Skip to Content

Ciclo Medio de Laboratorio

  

ACCESO:

Sen título de ESO pero con 18 anos, pódese acceder mediante PROBAS DE ACCESO

PROBAS DE ACCESO:

Constan de dúas probas:  
  1. Contidos socioculturais:
    1. Comprensión e expresión de textos escritos con propiedade, autonomía e creatividade en galego e castelán.
    2. Coñecemento da historia, xeografía e actitudes da nosa tradición e patrimonio cultural, así como análise dos mecanismos e valores que rexen o funcionamento das sociedades.
  2. Contidos científico/tecnolóxicos:
    1. Resolución de problemas nos campos das matemáticas e tecnoloxía, mediante procedementos de razoamento lóxico.
    2. Realización de exercicios que utilicen códigos científicos e técnico. Aplicacións do desenvolvemento científico e tecnolóxico e a súa incidencia no medio físico e social.

Hai que ter APTO nas dúas probas.

 

TITULACIÓN RECIBIDA: Técnico en Laboratorio

ACCESO A: O Título dá acceso ao Bacharelato

COMPETENCIA: O Título dá competencia para preparar mostras e realizar ensaios físicos, análises químicas e probas microbiolóxicas, seguindo procedementos e métodos analíticos establecidos e respectando as normas de seguridade e ambientais prescritas.

POSTOS DE TRABALLO: Co Título pódese traballar como laborante, auxiliar ou técnico de laboratorio.

FORMACIÓN:
Duración: 1300 horas.
Ensinanzas:                       

Módulos 
Horas
anuais 
semanais
Operacións básicas de laboratorio 
160
6
Ensaios físicos e fisicoquímicos                 
130
5
Química e análise química 
320
12
Probas microbiolóxicas
130
5
Información e seguridade no laboratorio   
110
4
Formación e orientación laboral 
55
2
Horas á disposición do centro 
55
2
Formación en centros de traballo   
340 (de setembro a decembro)

Máis información sobre o curriculum vixente: aquí.



book | by Dr. Radut