Cómo conseguen os nosos músculos a enerxía para a contracción?

"A Enerxía nin se crea nin se destrúe, soamente transfórmase"

Isaac Newton

                   Tendo en conta este enunciado de Newton, para poder entender cómo obtén o home a enerxía necesaria para sobrevivir, temos que ver o progreso dende un punto de vista global para ir progresivamente especificando máis.

 

Procesos de obtención de enrxía

                    O Sol, mediante a fusión de materia no seu núcleo, desprende enerxía luminosa que é captada polos vexetais para a fotosíntesis transformando o CO2 en O2 e xerando unha enerxía química potencial (é potencial porque necesita pasar por unha serie de transformacións para que sexa útil), que é captada polo organismo (ó inxerir alimentos e respirar). O organismo transforma esa enerxía química potencial, a través da dixestión e o proceso respiratorio, en enerxía eléctrica para o SNC (Sistema Nervioso Central), enerxía mecánica para moverse (osos, articulacións e músculos), enerxía química (dixestión) e enerxía térmica en forma de calor que se desprende a través da pel.

                    Centrándonos máis no aspecto de obtención de enerxía mecánica temos que o organismo transforma, en primeiro lugar, os alimentos en nutrintes, que son compostos químicos máis simples e que serán transformados de novo en contacto co O2 que transporta o sangue para obter a enerxía que activará o músculo.

                   O músculo é un motor de carburante único, soamente se pode contraer se posúe a cantidade necesaria de ATP (Adenosín Trifostato), que é o nome dun composto químico que ó romperse libera moita enerxía que é empregada polo músculo para a contracción.

ATP

O organismo posúe dúas vías a través das cales se transforman os alimentos en ATP:

- Una vía ANAEROBIA (sen presenza de O2 )

- Una vía AEROBIA (con preseza de O2 )

ANAEROBIA

AEROBIA

PRESENZA DE O2

NON

SI

DURACIÓN

POUCA

MÁIS PROLONGADA

ACTIVACIÓN

Ó PRINCIPIO DO EXERCICIO

A PARTIRES DOS TRINTA MINUTOS

 

Última modificación: xoves, 25 de febreiro de 2016, 1:09 PM